Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúan á baixa os contaxios novos pero os casos activos soben

Por 12 Xullo, 2021Xullo 13th, 2021Sin comentarios

Os casos activos seguen subindo malia pero os contaxios tamén decaen unha xornada máis. Así, hoxe hai 467 en toda a provincia, 20 máis que onte, cando o aumento a xornada anterior foi de 33. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 32 casos novos (onte foron 46 e o día anterior 55), e as altas chegaron ás 12.979 (13 nun día), o día anterior foron 8.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.668 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense en 6 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 4 en planta; ademais dun hospitalizado na Mariña.

O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións.

POR COMARCAS

Os gromos da vila de Sarria e da Terra Chá, que afectan a Castro de Rei, Meira e A Pastoriza, seguen estables  pero a crecemento de casos segue moi alto en na capital. Nos resto mantense estable.

A Mariña

  • Viveiro segue con 12 casos, aínda coa incidencia moi baixa.
  • Lourenzá reduce algo a súa incidencia con menos de 10 contaxiados.
  • Foz chega tamén aos 11 casos pero con incidencia controlada.
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Ribadeo, Cervo, Xove, Riotorto, Mondoñedo e Burela.
  • O Vicedo e A Pontenova fai unha semana que non teñen contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Barreiros, O Valadouro, Alfoz e Trabada.

Terra Chá

  • Cospeito, Vilalba, As Pontes, Begonte, Outeiro de Rei e Pol teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Guitiriz.
  • Castro de Rei con 17 casos (1 menos), Meira, A Pastoriza e Friol con menos de dez teñen a incidencia moi alta.
  • Rábade leva unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 197 (11 máis), xa en niveis de alerta.
  • Portomarín, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, As Nogais, Becerreá, Monterroso e Castroverde teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Pedrafita, Baralla, Ribeira de Piquín, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • No gromo de Sarria volven baixar lixeiramente os casos. Son 65 (1 menos).
  • Láncara e Paradela teñen casos con baixa incidencia.
  • Triacastela leva unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 17 casos (4 máis) e mantén a incidencia baixa.
  • Carballedo ten a incidencia alta pero segue por debaixo de dez casos.
  • Quiroga, Pantón, O Saviñao e Chantada teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Taboada e Sober levan sen contaxios novos unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.