Skip to main content
Uncategorized @gl

Só quedan 19 concellos limpos de covid na provincia

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

Os casos activos seguen subindo. Así, hoxe hai 496 en toda a provincia, 29 máis que onte, cando o aumento a xornada anterior foi de 20. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 37 casos novos (onte foron 32 e o día anterior 46), e as altas chegaron ás 12.989 (10 nun día), o día anterior foron 13.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.707 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense en 6 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 4 en planta; ademais dun hospitalizado na Mariña.

O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións.

POR COMARCAS

O gromo de Lugo segue crecendo mentres o de Terra Chá e Sarria está controlado. Aínda así Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita, Ribeira de Piquín, Sober e Bóveda volven ter contaxios tras semanas limpos o que deixa moi poucos concellos onde o virus non está presente, aínda que os contaxios son poucos e as incidencias non soben moito. Só 19 concellos dos 67 que hai na provincia manteñen lonxe a covid.

A Mariña

  • Viveiro sobe a 13 casos (1 máis), aínda coa incidencia moi baixa.
  • Foz segue con 11 casos pero con incidencia controlada.
  • Lourenzá mantén a incidencia no límite con menos de 10 contaxiados.
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Ribadeo, Cervo, Xove, Riotorto, Mondoñedo e Burela.
  • A Pontenova fai unha semana que non teñen contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Barreiros, O Valadouro, Alfoz e Trabada. Únese O Vicedo.

Terra Chá

  • Cospeito, Vilalba, As Pontes, Begonte, Outeiro de Rei, Pol, Guitiriz e Friol teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Castro de Rei con 17 casos, e Meira e A Pastoriza con menos de dez teñen a incidencia moi alta.
  • Rábade leva unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 218 (21 máis), xa en niveis de alerta.
  • Portomarín, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla, As Nogais, Becerreá, Monterroso e Castroverde teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita e Ribeira de Piquín deixan de estar limpos de covid, no último caso con incidencia elevada.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baralla, Cervantes e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • No gromo de Sarria volven baixar lixeiramente os casos. Son 63 (2 menos).
  • Láncara e Paradela teñen casos con baixa incidencia.
  • Triacastela leva unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 19 casos (2 máis) e mantén a incidencia baixa.
  • Carballedo ten a incidencia alta pero segue por debaixo de dez casos.
  • Quiroga, Pantón, O Saviñao e Chantada teñen casos pero con baixa incidencia. Únense Sober e Bóveda.
  • Taboada leva sen contaxios novos unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.