Skip to main content
Uncategorized @gl

25 de xullo, feliz Día de Galicia

Por 25 Xullo, 2021Sin comentarios

O Día Nacional de Galicia é a festa oficial de comunidade e celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordaron celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte, impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.

No Día de Galicia entréganse as medallas de Galicia, creadas en 1984, e realízase unha ofrenda a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres.