Skip to main content
Uncategorized @gl

Lugo, Monforte, Viveiro e Foz concentran o maior número de novos contaxios

Por 14 Xullo, 2021Sin comentarios

Os casos activos seguen subindo e superan xa o milleiro de casos activos. Así, hoxe hai 539 en toda a provincia, 43 máis que onte, cando o aumento a xornada anterior foi de 29. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 59 casos novos (onte foron 37 e o día anterior 32), e as altas chegaron ás 13.004 (15 nun día), o día anterior foron 10.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.765 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae con 3 persoas ingresadas (3 menos). No Hula hai 1 na UCI e 1 en planta (3 menos); e segue un hospitalizado na Mariña.

O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións.

POR COMARCAS

O gromo de Lugo segue crecendo mentres o de Terra Chá e Sarria está controlado. Aínda así Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita, Ribeira de Piquín, Sober e Bóveda volven ter contaxios tras semanas limpos o que deixa moi poucos concellos onde o virus non está presente, aínda que os contaxios son poucos e as incidencias non soben moito. Só 19 concellos dos 67 que hai na provincia manteñen lonxe a covid.

A Mariña

  • Viveiro sobe a 18 casos (5 máis).
  • Foz sobe a 14 casos (3 casos) pero con incidencia controlada.
  • Ribadeo chega a 10 casos.
  • Lourenzá mantén a incidencia no límite con menos de 10 contaxiados.
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Cervo, Xove, Riotorto, Mondoñedo, Burela e Barreiros.
  • A Pontenova fai unha semana que non teñen contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, Alfoz, Trabada e O Vicedo.

Terra Chá

  • Cospeito, Vilalba, As Pontes, Begonte, Outeiro de Rei, Pol, Guitiriz e Friol teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Castro de Rei con 16 casos (1 menos), e Meira e A Pastoriza con menos de dez teñen a incidencia moi alta.
  • Rábade leva unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 239 (21 máis), xa en niveis de alerta.
  • Ribeira de Piquín está con incidencia elevada.
  • Portomarín, Guntín, O Corgo, Palas, Becerreá, Monterroso, Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita e Castroverde teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Antas de Ulla e As Nogais está sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baralla, Cervantes e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • No gromo de Sarria volven baixar lixeiramente os casos. Son 60 (3 menos).
  • Láncara e Paradela teñen casos con baixa incidencia.
  • Triacastela leva unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 22 casos (3 máis) e mantén a incidencia baixa.
  • Bóveda tén alta a incidencia.
  • Carballedo, O Saviñao, Chantada e Sober teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Taboada leva sen contaxios novos unha semana. Únense Pantón e Quiroga.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.