Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid dispárase con 105 contaxios en 24 horas

Por 15 Xullo, 2021Xullo 17th, 2021Sin comentarios

Os casos activos disparáronse na provincia de Lugo nesta xornada de xoves ao acadar 631 casos activos, 92 máis que a xornada anterior, cando o aumento a xornada anterior foi de 43. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 105 casos novos (onte foron 59 e o día anterior 37), e as altas chegaron ás 13.016 (12 nun día), o día anterior foron 15.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.869 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo con 5 persoas ingresadas (2 máis). No Hula hai 2 na UCI (1 máis) e 2 en planta (1 máis); e segue un hospitalizado na Mariña.

O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións na provincia.

POR COMARCAS

A Mariña experimenta un importante aumento de contaxios, especialmente en Viveiro e Foz e só quedan xa tres concellos limpos de covid. Na Terra Chá a situación empeora en Meira pero mantense estable no resto. Na zona centro, Lugo segue sumando positivos e no Sur mellora a situación en Sarria e empeora en Monforte.

A Mariña

  • Viveiro sobe a 30 casos (12 máis) e Foz a 23 (9 máis) achegándose ambos a valores de alerta. Únese Ourol tras meses limpo e con menos de dez casos.
  • Ribadeo sobe a 12 casos (2 máis).
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Cervo, Xove, Riotorto, Mondoñedo, Burela, Barreiros, A Pontenova e Lourenzá. Únense Alfoz.
  • Sen casos novos máis de 15 días están O Valadouro, Trabada e O Vicedo.

Terra Chá

  • Vilalba, As Pontes, Begonte, Outeiro de Rei, Pol, Guitiriz e Friol teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Castro de Rei con 17 casos (1 máis), Meira con 12 e A Pastoriza e Cospeito con menos de dez teñen a incidencia alta.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín. Únese Rábade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 268 (29 máis), xa en niveis de alerta.
  • Ribeira de Piquín e Monterroso están con incidencia elevada con menos de dez casos.
  • Guntín, O Corgo, Palas, Becerreá, Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita e Castroverde teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Antas de Ulla e As Nogais está sen casos na última semana. Únese Portomarín.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baralla, Cervantes e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • No gromo de Sarria volven baixar lixeiramente os casos. Son 57 (3 menos).
  • Láncara ten a incidencia baixa e Paradela preto de valores de alerta.
  • Triacastela leva unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 27 casos (5 máis) e mantén a incidencia baixa.
  • Bóveda ten alta a incidencia ao igual que Sober.
  • Chantada chega de novo ata os 10 casos.
  • Carballedo teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Taboada.
  • Pantón e Quiroga levan sen contaxios novos unha semana. Únese O Saviñao.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.