Skip to main content
Uncategorized @gl

A hospitalización sobe e os contaxios seguen a remontar

Por 16 Xullo, 2021Xullo 17th, 2021Sin comentarios

Os casos activos disparáronse de novo na provincia de Lugo nesta xornada de mércores ao acadar 700 casos activos, 69 máis que onte, cando o aumento a xornada anterior foi de 62. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 100 casos novos (onte foron 105 e o día anterior 59), e as altas chegaron ás 13.059 (34 nun día), o día anterior foron 12.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.972 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo con 8 persoas ingresadas (3 máis). No Hula hai 7 en planta (5 máis); e segue un hospitalizado na Mariña. Na UCI xa non quedan pacientes.

O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións na provincia.

POR COMARCAS

A Mariña segue cun importante aumento de contaxios, especialmente en Viveiro e Foz. Na Terra Chá a situación empeora en Vilalba pero mantense estable no resto. Na zona centro, Lugo segue sumando positivos e no Sur mellora a situación en Sarria e empeora en Monforte.

A Mariña

  • Viveiro sobe a 38 casos (8 máis) e Foz a 31 (8 máis) achegándose ambos a valores de alerta. Ourol con menos de dez casos tamén ten a incidencia moi alta.
  • Cervo suma xa 10 casos e Burela 11.
  • Ribadeo sobe a 20 casos (8 máis).
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Xove, Riotorto, Mondoñedo, Barreiros, A Pontenova, Lourenzá e Alfoz . Únense O Vicedo e O Valadouro.
  • Sen casos novos máis de 15 días está Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 12 casos.
  • As Pontes, Begonte, Outeiro de Rei, Pol, Guitiriz e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Castro de Rei con 16 casos (1 menos), Meira con 12 e A Pastoriza, Friol e Cospeito con menos de dez teñen a incidencia alta.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade e Abadín.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 292 (24 máis), xa en niveis de alerta.
  • Ribeira de Piquín, Monterroso e Becerreá están con incidencia elevada con menos de dez casos.
  • Guntín, O Corgo, Palas, Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita e Castroverde teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Antas de Ulla e As Nogais e Portomarín está sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baralla, Cervantes e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • No gromo de Sarria volven baixar lixeiramente os casos. Son 55 (2 menos).
  • Láncara ten a incidencia baixa. Únese O Páramo.
  • Paradela eleva a incidencia que está alta.
  • Triacastela leva unha semana sen casos.
  • Samos e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 31 casos (4 máis) e eleva a incidencia.
  • Bóveda ten alta a incidencia ao igual que Sober.
  • Chantada sobe ata os 11 casos (1 máis).
  • Carballedo e Taboada teñen casos pero con baixa incidencia. Únese O Saviñao.
  • Pantón e Quiroga levan sen contaxios novos unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.