Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid achégase ao milleiro de casos na provincia

Por 18 Xullo, 2021Sin comentarios

A covid segue disparada na provincia de Lugo cun crecemento continuo que trae maior hospitalización pero cunha subida máis lenta nestes casos. Esto é debido a que seguen aumentando os contaxios novos e as altas foron practicamente inexistentes.

Deste xeito, hai 936 casos activos, 139 máis que onte, cando a subida o día anterio foi de 97. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 149 casos novos (onte foron 119 e o día anterior 100), e as altas chegaron ás 13.083 (4 nun día), o día anterior foron 15.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 14.241 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo con 10 persoas ingresadas (1 máis). No Hula hai 8 en planta; 1 na Mariña e 1 en Monforte. As UCI seguen baleiras por terceiro día consecutivo.

O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións na provincia.

POR COMARCAS

A Mariña continúa sumando casosnde forma descontrolada e xa non queda ningún concello limpo de covid. No resto, estabilidade agás nas vilas de maior poboación como Vilalba, Lugo, Chantada, Monforte e Sarria, que volve sumar positivos.

A Mariña

  • Viveiro dispárase a 74 casos (28 máis), Cervo suma xa 20 casos (7 máis), Foz 53 (13 máis), Ribadeo 32 casos (11 máis), Lourenzá  con 10 e Burela a 26 (6 máis), todos en valores de alerta alta. Ourol con menos de dez casos tamén ten a incidencia moi alta.
  • Con algún caso activo e incidencia controlada están Xove, Mondoñedo, Barreiros, A Pontenova, Alfoz, O Vicedo e O Valadouro. Únese Trabada.
  • Riotorto leva unha semana sen casos.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 24 casos (5 máis).
  • As Pontes, Outeiro de Rei, Guitiriz, Friol e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia. Únese de novo Pol.
  • Castro de Rei con 18 casos (2 Máis), Meira con 14, A Pastoriza con 13 (2 máis) e Cospeito xa por debaixo de 10 teñen a incidencia alta.
  • Begonte leva unha semana sen casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade e Abadín.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 348 (28 máis), en niveis de alerta.
  • Ribeira de Piquín, Monterroso e Becerreá están con incidencia elevada con menos de dez casos.
  • Guntín, O Corgo, Palas, Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita, Castroverde e Antas de Ulla teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • As Nogais e Portomarín está sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baralla, Cervantes e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • No gromo de Sarria volven subir os casos. Son 64 (5 máis).
  • Láncara ten a incidencia baixa. Únese Samos.
  • Paradela sobe a 11 casos con incidencia alta. O Páramo tamén ten a incidencia alta pero con menos de dez casos.
  • Triacastela leva unha semana sen casos.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 40 casos (2 máis).
  • Bóveda ten alta a incidencia ao igual que Sober.
  • Chantada sobe bruscamente a 18 casos (7 máis).
  • Taboada, O Saviñao e Pantón teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Quiroga leva sen contaxios novos unha semana. Únese Carballedo.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.