Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid supera o milleiro de casos e a hospitalización segue aumentando

Por 19 Xullo, 2021Xullo 20th, 2021Sin comentarios

A covid segue disparada na provincia de Lugo cun crecemento continuo que trae maior hospitalización. Malia que os novos contaxios seguen superando a centena cada 24 horas, as altas comezan a paliar o número de casos activos.

Deste xeito, hai 1.023 casos activos, 87 máis que onte, cando a subida o día anterio foi de 139. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 106 casos novos (onte foron 149 e o día anterior 119), e as altas chegaron ás 13.104 (21 nun día), o día anterior foron 4.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 14.349 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo con 13 persoas ingresadas (3 máis). No Hula hai 10 en planta (2 máis); 2 na Mariña (1 máis) e 1 en Monforte. As UCI seguen baleiras.

O Comité clínico pola súa banda mantén a Sarria en alerta alta, o único concello con restricións na provincia.

POR COMARCAS

A Mariña continúa sumando casos e, como onte, hai estabilidade agás nas vilas de maior poboación como Vilalba, Lugo, Chantada, e Monforte, que volven sumar positivos. O gromo da Terra Chá e o de Sarria comenzar a ofrecer unha melloría.

A Mariña

  • Viveiro dispárase a 86 casos (12 máis), Cervo suma xa 21 casos (1 máis), Foz 58 (5 máis), Ribadeo 37 casos (5 máis) e Burela a 35 (9 máis), todos en valores de alerta alta. Únese Mondoñedo con 12 casos.
  • Ourol con menos de dez casos tamén ten a incidencia moi alta.
  • Lourenzá reduce a incidencia baixando dos dez casos pero con valores altos. Na mesma situación están agora O Valadouro e Alfoz.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa están Xove, Barreiros, A Pontenova, O Vicedo e Trabada.
  • Riotorto leva unha semana sen casos.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 28 casos (4 máis).
  • As Pontes, Outeiro de Rei, Guitiriz, Friol, Rábade e Pol teñen casos pero con baixa incidencia. Únense de novo Begonte (levaba xusto unha semana limpo) e Abadín.
  • Castro de Rei con 17 casos (1 menos), Meira con 13 (1 menos), A Pastoriza con 13 (2 máis) e Cospeito xa por debaixo de 10 teñen a incidencia alta.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras e Xermade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 370 (22 máis), en niveis de alerta.
  • Ribeira de Piquín, Monterroso están con incidencia elevada con menos de dez casos.
  • Guntín, O Corgo, Palas, Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita, Castroverde teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Becerreá está con casos pero rebaixa a incidencia.
  • As Nogais e Portomarín está sen casos na última semana. Únese Antas de Ulla.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baralla, Cervantes e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria volve á senda da contención con 58 casos (6 menos).
  • Láncara e Samos teñen a incidencia baixa.
  • Paradela ten 11 casos con incidencia alta. O Páramo tamén ten a incidencia alta pero con menos de dez casos.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai máis de dúas semanas. Únese Triascastela.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 43 casos (3 máis).
  • Bóveda ten alta a incidencia ao igual que Sober.
  • Chantada sobe de novo a 23 casos (5 máis).
  • Taboada, O Saviñao e Pantón teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Quiroga leva sen contaxios novos unha semana. Únese Carballedo.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.