Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia estrea restricións con nove concellos en alerta

Por 24 Xullo, 2021Xullo 25th, 2021Sin comentarios

O ritmo de crecemento da covid non frea. Este sábado hai 1.617 casos activos, o que supón 119 máis que onte. Esta cifra obtense polos 168 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 53 altas.

Na xornada de onte foi de 134 o aumento de casos activos, con 186 novos positivos e 52 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 15.142 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria baixa a 18 persoas ingresadas (1 menos). No Hula hai 11 en planta e 1 na UCI; 5 na Mariña (1 menos) e 1 en Monforte.

POR COMARCAS

Hoxe entra en vigor as novas restricións con Viveiro, Cervo, Burela, Foz e Ribadeo en alerta alta e Sarria, Lugo, Vilalba e Mondoñedo en media.

A Mariña

  • Viveiro dispárase a 175 casos (20 máis), Cervo suma xa 35 casos (4 máis), Burela 114 (10 máis), Foz 102 (11 máis), Ribadeo 63 (2 máis), Mondoñedo segue con 20 casos, Barreiros 13 (2 máis) e Lourenzá con 10 casos, todos en valores de alerta alta ou máxima. Únese O Valadouro con 10 casos.
  • O Vicedo e Alfoz con menos de dez casos, tamén teñen a incidencia moi alta. Ourol reduce a incidencia.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa están Trabada e Xove.
  • A Pontenova levan unha semana sen casos.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 48 casos (3 máis) e coa incidencia alta.
  • As Pontes ten 37 casos (13 máis) debido a un gromo entre a mocidade.
  • Outeiro de Rei, A Pastoriza e Rábade manteñen 10 casos en cada un.
  • Abadín ten menos de 10 pero mantén a incidencia alta.
  • Guitiriz, Friol, Pol, Begonte, Cospeito, Castro de Rei e Meira teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Xermade.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 475 (11 máis).
  • Un gromo en Monterroso deixa ao Concello con 28 (12 máis).
  • Palas con 11 está con incidencia moi alta.
  • Guntín, Antas de Ulla, Portomarín e A Fonsagrada teñen a incidencia con valores preto de risco e menos de dez casos.
  • O Corgo, Pedrafita, Castroverde, As Nogais, Cervantes, Baleira e Baralla teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Ribeira de Piquín e Becerreá están sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce positivos de novo ata 57 (6 menos).
  • Paradela con 10 e O Páramo con menos de dez casos teñen a incidencia alta e baixa con relación a onte.
  • Láncara e Triacastela teñen a incidencia preto de valores de alerta.
  • Samos leva unha semana sen contaxios.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 79 casos (17 máis).
  • Chantada sobe de novo a 44 casos (7 máis).
  • O Saviñao, Bóveda, Carballedo e Taboada con menos de dez casos ambos, están en valores preto de alerta.
  • Sober, A Pobra de Brollón e Ribas do Sil teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pantón leva sen contaxios unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel e Quiroga.