Skip to main content
Uncategorized @gl

Só 4 concellos da provincia levan sen casos de covid 15 días

Por 25 Xullo, 2021Sin comentarios

O ritmo de crecemento da covid segue subindo. Este domingo hai 1.761 casos activos, o que supón 144 máis que onte. Esta cifra obtense polos 184 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 40 altas.

Na xornada de onte foi de 119 o aumento de casos activos, con 184 novos positivos e 53 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 15.326 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir a 21 persoas ingresadas (3 máis). Na UCI xa no hai ingresados pero quedan 13 en planta no Hula (2 máis), 6 na Mariña (1 máis) e 2 en Monforte (1 máis).

Os concellos en situación de alerta alta son: Viveiro, Cervo, Burela, Foz e Ribadeo.

En alerta media están: Sarria, Lugo, Vilalba e Mondoñedo

POR COMARCAS

A situación repítese un día máis coa Mariña sumando positivos e coas vilas máis grandes tamén cun crecemento activo, agás Sarria, que leva uns días baixando os casos. Ademais, cada son menos os concellos que están limpos de covid, xa que sen contaxios novos en quince días só quedan 4.

A Mariña

  • Viveiro segue sumando descontrolado ata 196 casos (21 máis), Cervo ten xa 37 casos (2 máis), Burela 123 (9 máis), Foz 130 (28 máis), Ribadeo 84 (21 máis), Mondoñedo 21 (1 máis), Barreiros segue con 13, Lourenzá ten 12 casos (2 máis) e O Valadouro 11 (1 máis), todos en valores de alerta alta ou máxima.
  • O Vicedo, con menos de dez casos ten a incidencia alta.
  • Alfoz e Ourol reducen a incidencia a valores fóra de alerta aínda que algo altos.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa está Xove.
  • A Pontenova levan unha semana sen casos. Súmase Trabada.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 53 casos (5 máis) pero comeza a reducir a incidencia.
  • As Pontes ten 46 casos (9 máis) debido a un gromo entre a mocidade e a incidencia moita alta.
  • Rábade, con 10 casos, está con incidencia moi alta.
  • Outeiro de Rei volve a ter 14 casos (4 máis) e sobe a incidencia e Cospeito volve a ter 11.
  • Guitiriz, Friol, Pol, Begonte, Castro de Rei, Meira, Xermade, A Pastoriza e Abadín teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 490 (15 máis).
  • O gromo en Monterroso segue sumando ata 31 (3 máis).
  • Palas con 12 (1 máis) está con incidencia moi alta.
  • Guntín, con menos de 10, ten a incidencia alta.
  • Antas de Ulla, Portomarín e A Fonsagrada teñen a incidencia con valores preto de risco e menos de dez casos.
  • O Corgo, Pedrafita, Castroverde, As Nogais, Cervantes, Baleira e Baralla teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese Navia de Suarna.
  • Ribeira de Piquín e Becerreá están sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanece Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce positivos de novo ata 55 (2 menos).
  • Paradela con 10 con menos de dez casos ten a incidencia alta.
  • Láncara, Triacastela e O Páramo teñen a incidencia preto de valores de alerta.
  • Samos leva unha semana sen contaxios.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 88 casos (9 máis). Xa está en zona de alerta.
  • Chantada sobe de novo a 51 casos (7 máis).
  • Carballedo, Bóveda e Taboada (este con 10 casos) están xa coa incidencia moi alta.
  • O Saviñao e A Pobra de Brollón con menos de dez casos ambos, están en valores preto de alerta.
  • Ribas do Sil ten casos pero con baixa incidencia. Súmanse Folgoso do Courel e Quiroga.
  • Pantón leva sen contaxios unha semana. Únese Sober.