Skip to main content
Uncategorized @gl

Importante aumento das hospitalizacións cun ritmo de crecemento de positivos continuo

Por 26 Xullo, 2021Xullo 27th, 2021Sin comentarios

O ritmo de crecemento da covid segue na mesma dinámica. Este luns hai 1.881 casos activos, o que supón 120 máis que onte. Esta cifra obtense polos 175 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 53 altas.

Na xornada de onte foi de 144 o aumento de casos activos, con 184 novos positivos e 40 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 15.499 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sube bruscamente a 28 persoas ingresadas (7 máis). Na UCI no hai pacientes pero quedan 20 en planta no Hula (7 máis), 6 na Mariña e 2 en Monforte.

Os concellos en situación de alerta alta son: Viveiro, Cervo, Burela, Foz e Ribadeo.

En alerta media están: Sarria, Lugo, Vilalba e Mondoñedo

POR COMARCAS

Os resultados dos cribados realizados aumentan os positivos malia que queda por celebrar o de Burela, que será mañá no pavillón Vista Alegre para rapaces de 18 a 30 anos.

A Mariña

  • Viveiro segue sumando descontrolado ata 221 casos (25 máis), Cervo ten xa 39 casos (2 máis), Burela 142 (19 máis), Foz 135 (5 máis), Ribadeo 89 (5 máis), Mondoñedo segue con 21, Barreiros sobe a 15 (2 máis), Lourenzá ten 12 casos e O Valadouro 12 (1 máis), todos en valores de alerta alta ou máxima.
  • O Vicedo, con menos de dez casos ten a incidencia alta.
  • Alfoz reduce a incidencia a valores fóra de alerta aínda que algo altos.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa está Xove. Súmase Trabada.
  • A Pontenova levan unha semana sen casos. Súmase Ourol.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 58 casos (5 máis) coa incidencia controlada.
  • As Pontes ten 49 casos (3 máis).
  • Rábade, con 11 casos (1 máis), está con incidencia moi alta.
  • Outeiro de Rei sobe a 15 casos (1 máis) e Cospeito a 12 (1 máis), os dous en valores preto de alerta.
  • Guitiriz, Friol, Pol, Begonte, Castro de Rei, Meira, Xermade, A Pastoriza e Abadín teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 520 (30 máis).
  • O gromo en Monterroso segue sumando ata 40 (9 máis).
  • Palas con 13 (1 máis) e A Fonsagrada con 11 están con incidencia alta.
  • Guntín e Antas de Ulla, con menos de 10, teñen a incidencia alta.
  • Portomarín e O Corgo teñen a incidencia con valores preto de risco e menos de dez casos.
  • Pedrafita, Castroverde, As Nogais, Cervantes, Baleira, Baralla e Navia de Suarna teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Ribeira de Piquín e Becerreá están sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanece Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Sarria mantén 55 positivos.
  • Paradela con 10 casos en quince días reduce a incidencia a unha semana.
  • Láncara con menos de dez ten a incidencia alta.
  • Triacastela e O Páramo teñen a incidencia preto de valores de alerta.
  • Samos leva unha semana sen contaxios.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte reduce a 86 casos (2 menos), en zona de alerta.
  • Chantada sobe de novo a 52 casos (1 máis).
  • Carballedo, Bóveda (con 11 casos) e Taboada (con 10) están coa incidencia moi alta.
  • O Saviñao e A Pobra de Brollón con menos de dez casos ambos, están en valores preto de alerta.
  • Ribas do Sil, Folgoso do Courel e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pantón e Sober levan sen contaxios unha semana.