Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia chega aos 2000 casos activos e o crecemento contense

Por 27 Xullo, 2021Sin comentarios

O ritmo de crecemento da covid comeza a reducirse. Este luns hai 2000 casos activos, o que supón 119 máis que onte. Esta cifra obtense polos 134 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 22 altas.

Na xornada de onte foi de 120 o aumento de casos activos, con 175 novos positivos e 53 altas. Estas cifras amosan que descenden os novos casos e o crecemento ralentízase malia ter menos altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 15.640 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sube algo máis a 30 persoas ingresadas (2 máis). Na UCI volve haber un paciente e quedan 19 en planta no Hula (1 menos), 8 na Mariña (2 máis) e 2 en Monforte.

Os concellos en situación de alerta alta son: Viveiro, Cervo, Burela, Foz e Ribadeo.

En alerta media están: Sarria, Lugo, Vilalba e Mondoñedo

POR COMARCAS

A Mariña segue sumando positivos pero a menor ritmo mentres no resto mantense unha situación estable agás en Lugo, onde casos seguen disparados.

A Mariña

  • Viveiro segue sumando descontrolado ata 230 casos (9 máis), Cervo ten xa 42 casos (3 máis), Burela 152 (10 máis), Foz 141 (6 máis), Ribadeo 90 (1 máis), Mondoñedo con 22 (1 máis), Barreiros segue con 15, Lourenzá ten 12 casos e O Valadouro 13 (1 máis), todos en valores de alerta alta ou máxima.
  • O Vicedo, con menos de dez casos ten a incidencia alta.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa están Xove, Alfoz e Trabada. Súmase A Pontenova.
  • Ourol leva unha semana sen casos.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Vilalba chega a 62 casos (4 máis) coa incidencia controlada.
  • As Pontes ten 52 casos (3 máis).
  • Rábade, con 13 casos (2 máis), está con incidencia moi alta. En Abadín con menos de 10 tamén está alta.
  • Outeiro de Rei sobe a 16 casos (1 máis), Cospeito con 12 e Begonte e Meira con menos de dez están en valores preto de alerta.
  • Guitiriz, Friol, Pol, Castro de Rei, Xermade e A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 544 (24 máis).
  • O gromo en Monterroso segue sumando ata 41 (1 máis).
  • Palas con 18 (5 máis), A Fonsagrada e O Corgo con 11, Guntín con 10 e Antas de Ulla e Portomarín con menos de 10 teñen a incidencia alta.
  • Baralla ten a incidencia en risco con menos de dez casos.
  • Castroverde, As Nogais, Baleira e Navia de Suarna teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Becerreá está sen casos na última semana. Súmanse Cervantes e Pedrafita.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanece Negueira de Muñiz. Súmase Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Sarria sobe a 57 positivos (2 máis).
  • Paradela con 10 casos en quince días reduce a incidencia a unha semana.
  • Láncara, Triacastela e O Páramo teñen a incidencia preto de valores de alerta.
  • Samos volve ter contaxios pero con baixa incidencia.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte suma ata 87 casos (1 máis), en zona de alerta.
  • Chantada sobe de novo a 53 casos (1 máis).
  • Carballedo con menos de 10, Bóveda con 10 (1 menos) e Taboada con 12 (2 máis) están coa incidencia moi alta.
  • O Saviñao e  Folgoso do Courel, con menos de dez casos, están en valores preto de alerta.
  • Ribas do Sil, A Porbra de Brollón e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pantón e Sober levan sen contaxios unha semana.