Skip to main content
Uncategorized @gl

Un falecido e o aumento da hospitalización contrastan coa contención dos casos activos

Por 29 Xullo, 2021Sin comentarios

O ritmo de crecemento da covid segue contido grazas a un gran número de altas xa que os novos contaxios seguen aumentando. Hoxe hai 2181 casos activos, o que supón 81 máis que onte. Esta cifra obtense polos 153 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 65 altas.

Na xornada de onte foi de 100 o aumento de casos activos, con 142 novos positivos e 45 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 15.932 casos rexistrados e 218 persoas falecidas. Súmase un novo deceso tras semanas sen que se producira ningún na provincia. Trátase dun home de 84 anos ingresado no hospital da Mariña.

A presión hospitalaria si que aumenta a 35 persoas ingresadas (5 máis). A situación na UCI en empeora, xa que sobe a 4 enfermos (1 máis), todos no Hula. Nas plantas hai 31, 21 no Hula (3 máis), 8 na Mariña e 2 en Monforte.

A partir da medianoite do sábado o sistema de alerta permanecerá do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo e As Pontes.
  • No nivel medio: Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros e O Valadouro.

POR COMARCAS

A Mariña segue sumando positivos pero a menor ritmo mentres no resto mantense unha situación estable agás en Lugo, onde casos seguen disparados. Chantada tamén experimenta un importante incremento de casos mentres Sarria non acaba de baixar.

A Mariña

  • Viveiro segue sumando ata 243 casos (4 máis), Cervo baixa a 40 casos (1 menos), Burela 172 (14 máis), Foz 144 (1 menos), Ribadeo 91 (4 menos), Mondoñedo segue con 23, Barreiros con 15, Lourenzá e O Valadouro teñen 13 casos, Alfoz sobe a 12 e O Vicedo segue con 10, todos en valores de alerta alta ou máxima.
  • Ourol volve aproximarse a valores de alerta.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa están Xove, Trabada e A Pontenova.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Vilalba segue con 63 casos coa incidencia controlada.
  • As Pontes tampouco sobe e queda en 54 casos.
  • Rábade, con 16 casos (1 máis), está con incidencia moi alta.
  • Abadín sobe a 10 casos e ten xa a incidencia alta.
  • Outeiro de Rei sobe a 19 casos (1 máis) e Begonte e Meira con menos de dez están en valores preto de alerta.
  • Guitiriz, Friol, Pol, Castro de Rei, Xermade, A Pastoriza e Cospeito (que baixa de 10) teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 589 (21 máis).
  • O gromo en Monterroso segue sumando ata 44 (1 máis).
  • Palas con 23 (1 máis), A Fonsagrada con 13 (2 máis), O Corgo con 11 (1 máis) e Antas de Ulla con menos de 10 teñen a incidencia alta.
  • Portomarín e Guntín reducen a incidencia fóra da zona de alerta.
  • Castroverde, As Nogais, Baleira, Navia de Suarna e Baralla teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Becerreá, Cervantes e Pedrafita están sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanecen Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Sarria sobe a 63 positivos (4 máis) coa incidencia en risco.
  • Paradela con 10 casos (1 menos), Triacastela, O Páramo e Samos teñen a incidencia preto de valores de alerta.
  • Láncara reduce a incidencia a valores baixos.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte suma ata 89 casos (2 menos), en zona de alerta.
  • Chantada sobe de novo a 63 casos (3 máis).
  • Carballedo con menos de 10, Bóveda con 10 (1 menos) e Taboada con 11 (1 menos) están coa incidencia moi alta.
  • O Saviñao (con 10) e Folgoso do Courel e A Pobra de Brollón, con menos de dez casos, están en valores preto de alerta.
  • Ribas do Sil e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pantón e Sober levan sen contaxios unha semana.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.