Skip to main content
Uncategorized @gl

Brusco aumento da hospitalización e freada na suma de casos activos

Por 30 Xullo, 2021Xullo 31st, 2021Sin comentarios

O ritmo de crecemento da covid experimentou un cambio hoxe cun brusco aumento da hospitalización en contraposición cun frenazo  no aumento de casos activos debido a unh elevado número de altas.

Así, hoxe hai 2.212 casos activos, o que supón 31 máis que onte. Esta cifra obtense polos 148 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 112 altas.

Na xornada de onte foi de 81 o aumento de casos activos, con 153 novos positivos e 65 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 16.075 casos rexistrados e 218 persoas falecidas, a última onte en Burela tras semanas sen decesos.

A presión hospitalaria aumenta drasticamente a 44 persoas ingresadas (9 máis). A situación na UCI mellora cun paciente menos, quedando 3, todos no Hula. Nas plantas hai 41 (10 máis), 30 no Hula (9 máis), 9 na Mariña (1 máis) e 2 en Monforte.

A partir da medianoite do sábado o sistema de alerta permanecerá do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo e As Pontes.
  • No nivel medio: Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros e O Valadouro.

POR COMARCAS

A unha xornada de que entren en vigor as novas medidas, algúns concellos da Mariña amosan xa a súa tendencia á baixa como Cervo e Ribadeo, mentres o resto reducen o crecemento. No centro a situación permanece controlada pero Lugo segue sumando casos rapidamente. Mellora a situación na comarca sarriá mentres no Sur agás Chantada, a situación segue controlada.

A Mariña

  • Viveiro segue sumando ata 248 casos (5 máis), Cervo baixa a 39 casos (1 menos), Burela sobe a 180 (8 máis), Foz a 148 (4 máis), Ribadeo baixa a 84 (7 menos), Mondoñedo segue con 22, Barreiros con 15, O Valadouro con 13, Lourenzá baixa a 12 (1 menos), Alfoz a 11 (1 menos) e O Vicedo segue con 10, todos en valores de alerta alta ou máxima. Únese Xove con 13 casos.
  • Ourol segue fóra de alerta pero con valores altos.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa están Trabada e A Pontenova.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 66 casos (3 máis) coa incidencia controlada.
  • As Pontes continúa con 54 casos e incidencia alta.
  • Rábade reduce a 15 casos (1 menos) e está con incidencia moi alta.
  • Abadín sobe a 10 casos e ten xa a incidencia alta.
  • Outeiro de Rei sobe a 21 casos (2 máis) e Begonte e Meira con menos de dez están en valores preto de alerta. Únese de novo Cospeito que volve subir a 10 casos.
  • Guitiriz (con 10 casos), Friol, Pol, Castro de Rei, Xermade e A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo ata 613 (24 máis).
  • O gromo en Monterroso segue sumando ata 48 (4 máis).
  • Palas con 24 (1 máis), A Fonsagrada con 16 (3 máis), O Corgo con 12 (1 máis) e Antas de Ulla con menos de 10 teñen a incidencia alta. Únese Guntín con 10 casos.
  • Portomarín reduce a incidencia fóra da zona de alerta.
  • Castroverde, As Nogais, Baleira, Navia de Suarna e Baralla teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Cervantes e Pedrafita están sen casos na última semana. Únese Baleira.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanecen Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín. Únese Becerreá.

Comarca de Sarria

  • Sarria baixa a 60 positivos (3 menos) coa incidencia en risco.
  • O Páramo e Samos teñen a incidencia preto de valores de alerta.
  • Paradela baixa de dez casos e sitúase con Láncara en valores baixos de incidencia.
  • Triacastela está sen casos dende hai 7 días.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 88 casos (1 menos), en zona de alerta.
  • Chantada sobe de novo a 69 casos (6 máis).
  • Carballedo con menos de 10, Bóveda con 10 e Taboada con 12 (1 máis) están coa incidencia moi alta.
  • O Saviñao (con 10) e Folgoso do Courel e A Pobra de Brollón, con menos de dez casos, están en valores preto de alerta.
  • Quiroga ten casos pero con baixa incidencia. Únese Pantón e Sober.
  • Ribas de Sil leva unha semana limpo.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.