Skip to main content
Uncategorized @gl

As altas volven conter o crecemento do virus o día que entran en vigor os novos cambios

Por 31 Xullo, 2021Agosto 1st, 2021Sin comentarios

O ritmo de crecemento da covid experimentou unha importante contención de casos activos debido a un elevado número de altas combinado co descenso dos contaxios novos.

Así, hoxe hai 2.218 casos activos, o que supón 6 máis que onte. Esta cifra obtense polos 123 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 119 altas.

Na xornada de onte foi de 31 o aumento de casos activos, con 148 novos positivos e 112 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 16.200 casos rexistrados e 218 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve descender a 40 persoas ingresadas (4 máis). Continúan 3 ingresados na UCI do Hula e nas plantas hai 37, 26 no Hula (4 menos), 8 na Mariña (1 menos) e 3 en Monforte (1 máis).

Dende hoxe o sistema de alerta permanecerá do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo e As Pontes.
  • No nivel medio: Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros e O Valadouro.

POR COMARCAS

O día que entran en vigor as novas medidas, advírtese unha melloría da situación coa reducción do número de contaxios ou mesmo un estancamento na maior parte dos concellos. A tendencia é lixeira pero empeza a ser visible. Ademais dende hoxe entran en vigor tamén os novos parámetros da Xunta para medir a incidencia polo que os concellos cambian de situación de proximidade á zona de alerta.

A Mariña

  • Viveiro ralentiza o crecemento ata 251 casos (3 máis), Cervo segue con 39 casos, Burela con 180, Foz baixa a 145 (3 menos), Ribadeo queda en 84,  Xove suma ata 17 (4 máis) e Alfoz segue con 11, todos en valores de alerta alta ou máxima.
  • Con incidencia preto da alerta están Barreiros que sobe a 17 (2 máis), Mondoñedo que baixa a 21 (1 menos), O Valadouro que mantén 13 e Lourenzá que segue con 12.
  • O Vicedo con 10 e Ourol con menos seguen fóra de alerta pero con valores altos.
  • Con algún caso activo e incidencia baixa están Trabada e A Pontenova.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Coa incidencia controlada están Vilalba, que baixa a 61 casos (5 menos) e As Pontes que sobe 1 caso ata 55.
  • Rábade queda en 15 casos e está con incidencia moi alta.
  • Cospeito sobe a 14 casos e xa está en valores de alerta alta.
  • Abadín (con 1o casos) e Meira (con menos de 10) teñen a incidencia alta.
  • Preto da alerta están Outeiro de Rei, que baixa a 20 casos (1 menos).
  • Guitiriz (con 10 casos), Friol, Pol, Castro de Rei, Xermade e A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia. Reduce tamén Begonte.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo ata 629 (16 máis).
  • O gromo en Monterroso empeza o descenso con47 casos (1 menos).
  • Palas con 23 (1 menos), A Fonsagrada segue con 16 teñen a incidencia alta.
  • Portomarín e Antas de Ulla teñen a incidencia fóra da zona de alerta pero elevada. Únese O Corgo que baixa a 11 (1 menos)
  • Castroverde, As Nogais, Baleira e Navia de Suarna teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese Guntín con 10 casos.
  • Cervantes e Pedrafita están sen casos na última semana. Únese Baralla.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanecen Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Becerreá.

Comarca de Sarria

  • Sarria rebaixa a 56 positivos (4 menos) coa incidencia en fóra da zona de risco.
  • O Páramo está con valores altos e Samos preto de alerta con menos de dez casos os dous.
  • Paradela sitúase con Láncara en valores baixos de incidencia.
  • Triacastela está sen casos dende hai 7 días.
  • O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe a 89 casos (1 máis), en zona fóra de valores de alerta.
  • Chantada baixa a 67 casos (2 menos).
  • Carballedo sobe a 11 (1 máis) e Bóveda con 10 están coa incidencia moi alta.
  • Taboada con 12, O Saviñao con 13 (3 máis) e Folgoso do Courel e A Pobra de Brollón, con menos de dez casos, están en valores preto de alerta.
  • Quiroga, Pantón e Sober teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Ribas de Sil leva unha semana limpo.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.