Skip to main content
Axenda Caducada

Novo curso de iniciación á apicultura na Casa do Mel de Goente

Por 26 Agosto, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

A Casa do Mel de Goente, en colaboración coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) organiza en setembro un novo curso de iniciación á apicultura, aberto a toda a poboación.

A actividade está prevista para os días 4, 5 e 11 de setembro en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas. O curso realizarase nas propias instalacións da Casa do Mel e combinará a formación teórica e a práctica cun mínimo de dez participantes.

Os interesados en participar xa se poden inscribir chamando á entidade ao número de teléfono 981 102 249.