Skip to main content
Cultura SARRIAXAParadela

Entrevista: “O noso obxectivo é non deixar morrer a banda e que siga cara adiante”

Por 15 Agosto, 2021Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

A banda de música de Paradela continúa activa despois de 36 anos e conta cunha escola de música coa que queren seguir crecendo.

En que ano se creou a banda de música?

Pois fai 36 anos, cando eu tiña 7 anos. É algo que vén de fai tempo, o que pasa é que nós levamos con ela 7 anos aproximadamente.

Cantas persoas compoñedes a banda?

Agora mesmo somos sobre 25 persoas máis ou menos.

Tivestes nalgún momento problema de encontrar compoñentes?

Non, de momento non.

Como foi evolucionando a banda?

Dende que a levamos nós, fixemos unha escola de música e creamos unha asociación. A escola puidemola crear coa axuda do Concello e, actualmente, están aprendendo nove nenos e nenas. No Concello de Paradela hai sobre 50, polo que ter nove nos parece un logro. Levamos aos pequenos a ver a outras bandas para que vaian aprendendo, ademais das clases e, tamén levamos aos máis grandes con nós cando temos actuacións.

Creasteis a banda grazas ao Concello, sempre vos axudou durante todos estos anos?

Mentras a banda contaba con máis de trinta persoas tampouco se necesitou axuda porque daquelas había moitas fechas e nós eramos rapaces novos, polo que non había problema. De feito, o director que tiñamos non cobraba as clases, facíao todo por vocación. Foi pasando o tempo e cada vez se uniu máis a nós polo que xa non quería saber de tema económico.

Agora todos os profesores son rapaces novos de carreira polo que sí que cobran. Os pais e nais aportamos cartos pero o Concello axúdanos porque senón non poderíamos mantelo. Con nove nenos actualmente temos tres profesores. Para manter tres profesores, se non recibísemos a axuda do Concello, sería moi complicado. Aínda que houbera algúns que quixeramos aportar moito e nos cobraran para que aprenderan, hai outros que non teñen eses medios polo que o acabarían deixando. Desta forma, xa vai para cinco anos que temos eses nenos e nenas e que poden estar aprendendo. De feito hai dúas nenas e un neno de tres anos que non contei que están tamén aprendendo linguaxe musical. Son todos moi cativos e, de feito, a máis maior ten 11 anos.

Cantos días ensaiades á semana?

Os sábados ensaia a banda e, agora en verán, os martes pola tarde é cando teñen os nenos e nenas as clases. En inverno, cando teñen colexio téñenas os mércores. Cada neno ensaia co instrumento de forma individual co seu profesor durante unha hora e, por outro lado, teñen as clases colectivas que son de linguaxe musical.

Cales son os próximos concertos que tedes? Sempre vos movedes polos mesmos lugares?

Agora mesmo temos tres fechas e son todas no Concello de Paradela; o 29 de agosto e despois en setembro o 19 e 29. Sen embargo, imos moito cara a zona de León e a zona de Vegadeo. De feito, a Vegadeo imos casi todos os anos actuar en Semana Santa. En Asturias tamén facemos bastantes.

Cal é o obxectivo da banda?

Que siga cara adiante. O noso obxectivo é non deixalo morrer e que siga cara adiante. Crecer pouquiño a pouco.

Que instrumentos tocades?

Pois somos casi todo vento madeira e, despois, percusión. Tamén hai uns nenos aprendendo teclados e outra guitarra.

Como se ensaiaba na pandemia?

Os nenos e nenas ensaiaban cos profesores por por vídeochamada.

Como é a acollida da xente cando vos vai ver?

A verdade é que choran. Cando é por fóra non porque ninguén sabe polo que realmente pasou a banda pero cando é xente de aquí e ven aos nenos e nenas, choran. Emociona velos.

Que supón para ti a banda?

A min emocióname. Para min, se che digo a verdade, é casi toda a miña infancia. Cando estaba no colexio casi todo era música, todo era ir a tocar. Para min a banda é moito, é coma unha segunda familia.

Hai máis xente coma ti que comezou de tan cativa?

Sí.

En canto a futuro, hai proxecto a largo prazo?

Sí, de feito andivemos buscando xente e puxemos carteles anunciando a escola e animando a nenos e nenas a que se incorporen independientemente do Concello ao que pertenza. Actualmente, temos xente de Sarria aquí aprendendo.

Non sodes todos de Paradela?

Non, tamén hai xente de Sarria. A nosa idea é que eses nenos e nenas se queden con nós. Hai que ser realistas, Paradela actualmente ten pouca poboación e é moi difícil facer que a banda sexa exclusivamente de Paradela. Temos a sorte que os que estamos de vellos somos casi todos de aquí, entón o que é o pé da banda sí que é de Paradela. En canto aos pequenos, ao fin e ao cabo, son moi poucos no Concello polo que ter nove xa me parece un logro.