Skip to main content
Vilalba

Xosé Lastra Muruais gaña o Premio de Poesía de Vilalba

Por 21 Agosto, 2021Setembro 28th, 2021Sin comentarios

Concello de Vilalba vén de facer público o fallo do xurado do XLVII Certame Literario do que resultou gañador Xosé Lastra Muruais, coa obra Loureiro.

O Certame Literario voltará ao seu día orixinal despois dun ano no que a pandemia da covid obrigou a adiar esta data tan especial para toda a veciñanza. O 30 de agosto ás 19:30 horas farase entrega do XLVII Premio nun acto que se realizará no Auditorio Municipal co aforo reducido e previa retirada de convite; será o único evento da programación das festas que non se desenvolva no exterior

A obra gañadora foi escollida entre as 71 que aspiran ao galardón (das 90 presentadas, 19 non cumprían as bases).

O AUTOR

Tras unha vida dedicada á ensinanza, Lastra está agora xubilado e reside en Ortigueira. É membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega. Ademais de ser coautor e coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG (Nova Escola Galega) e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica.

Doutra banda, é coordinador e coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, coas ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino: Dicionario Xerais da Lingua; as series O Noso Galego, Canles, Ámote, mundo!, Nobelos de papel, Labia, Lingua, Os libros de Merlín ou a Colección Merlín de literatura infantil.