Abre un novo tramo da Senda da Memoria

TerraChaXa
O Concello das Pontes abrirá este venres, 27 de agosto, ás 11 horas,  un novo tramo da Senda da Memoria bautizado como Tramo da Vilabella.
TramoDaVilabella senda memoria as pontes
TramoDaVilabella senda memoria as pontes
24 ago 2021

O Concello das Pontes abrirá este venres, 27 de agosto, ás 11 horas,  un novo tramo da Senda da Memoria que foi bautizado como Tramo da Vilabella en homenaxe aos lugares e ás xentes que alí viviron antes de que a explotación mineira comezase a súa actividade.

Este novo tramo ten un percorrido de 1,5 quilómetros e vai desde a entrada do Lago cara á esquerda, chegando ata a canle de exceda do río Eume. Colocáronse bancos ao longo do itinerario e instalouse un panel interpretativo da antiga rotopala, que se pode apreciar desde a propia senda.

Desde o Concello lembran a importancia de levar os cans atados e de respectar o medio xa que a canle de exceda é zona de cría de aves e anfibios polo que estamos a falar dun espazo de vital importancia para a preservación da biodiversidade.

A concelleira de Turismo, Elena López, convida a todos os veciños, veciñas e visitantes a “que se acheguen ao Lago para redescubrir un lugar chave do patrimonio industrial do pasado da nosa vila e que ten un gran valor medioambiental no presente”.