Skip to main content
Uncategorized @gl

Tres falecidos na segunda xornada de descensos de contaxios e casos activos

Por 3 Agosto, 2021Sin comentarios

Este martes as defuncións son o principal revés que ofrece o virus. Tres falecidos, que suponen, xunto co acontecido a pasada semana, os primeiros deste quinta vaga. Este dato é contrario á melloraría que experimentan os datos xerais de contaxios e casos activos, que descenden,

Así, hoxe hai 2.231 casos activos, o que supón 26 menos que onte. Esta cifra obtense polos 103 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 124 altas.

Na xornada de onte a baixada foi de 9 casos activos, con 128 novos positivos e 139 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 16.605 casos rexistrados e 221 persoas falecidas, tres máis, que se corresponden a unha muller de 89 anos e dous homes, de 79 e 85 anos, que faleceron no Hula. Todos tiñan patoloxías previas.

A presión hospitalaria baixa de novo con 43 persoas ingresadas (2 menos). Seguen 4 pacientes na UCI do Hula e nas plantas hai 39, 25 no Hula (1 menos), 12 na Mariña e 2 en Monforte (1 menos).

Dende o sábado o sistema de alerta permanece do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo e As Pontes.
  • No nivel medio: Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros e O Valadouro.

POR COMARCAS

Cifras en melloría en todas as comarcas, nas que a situación parece controlada e a baixada da curva percíbese claramente. Destancan pola contra, con brusco aumento de casos, Alfoz e Monterroso.

A Mariña

  • Viveiro ralentiza o crecemento ata 219 casos (2 menos), Cervo queda en 31, Burela reduce a 164 (12 menos), Foz sobe a 143 (2 máis), Xove sobe a 23 (4 máis); brusca subida en Alfoz ata os 19 casos (9 máis), e Ourol con menos de dez, todos en valores de alerta alta ou máxima.
  • Con incidencia preto da alerta están Ribadeo, que baixa a 68 casos (5 menos); Barreiros, que reduce a 12 (4 menos); O Valadouro, que baixa a 11 (1 menos); Lourenzá, que segue con 12, e O Vicedo con menos de 10. Únese Mondoñedo, que baixa a 16 Mondoñedo (3 menos).
  • A Pontenova reduce a incidencia.
  • Trabada leva xa unha semana sen casos.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Coa incidencia controlada están Vilalba, que mantén 56 casos (3 menos) e As Pontes que sobe a 60 (3 máis).
  • Outeiro de Rei, que sobe a 28 casos (2 máis); Cospeito, que segue con 20, e Meira, con menos de 10, teñen a incidencia alta.
  • Rábade queda en 15 casos e reduce xa a súa incidencia.
  • Castro de Rei eleva a incidencia pero fóra da zona de alerta. Únese Abadín, tamén fóra da zona de alerta.
  • Guitiriz (con menos de 10 casos), Friol,  Xermade, A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pol leva unha semana sen casos. Únese Begonte.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo frean o crecemento con 690 (1 máis).
  • Novo aumento brusco en Monterroso, que sobe a 53 casos (12 máis), Palas baixa a 30 (3 menos), A Fonsagrada queda en 18 e Negueira de Muñiz con menos de dez teñen a incidencia alta.
  •  Guntín segue en 11 casos e incidencia preto de alerta. Con menos de dez casos e incidencia en risco están Castroverde, Baleira, Ribeira de Piquín e Antas de Ulla.
  • O Corgo volve a os 11 (sobe 1) e Pedrafita con menos de dez positivos teñen a incidencia baixa. Únese Portomarín.
  • Cervantes, Navia de Suarna e Baralla están sen casos na última semana. Únese As Nogais.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanece Becerreá.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce a 51 positivos (1 menos) coa incidencia fóra da zona de risco.
  • O Páramo está con valores altos pero non chega a 10 contaxiados.
  • Samos e Paradela están preto de alerta con menos de dez casos.
  • Láncara e O Incio están en valores baixos de incidencia.
  • Triacastela está sen casos dende hai 7 días.

Ribeira Sacra

  • Monforte sobe ata 95 casos (1 máis), en zona fóra de valores de alerta.
  • Chantada segue con 58 casos.
  • Quiroga chega aos dez casos e a incidencia alta.
  • Carballedo segue con 12, O Saviñao con 13 (2 menos), Bóveda con 10 e Pantón, Sober por baixo de 10 están con valores preto de alerta.
  • Taboada con 10 (2 menos) e A Pobra de Brollón teñen xa a incidencia baixa.
  • Ribas de Sil leva unha semana limpo. Únese Folgoso do Courel.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.