Skip to main content
Uncategorized @gl

Catro concellos entran en alerta, que se mantén no resto, mentres os casos seguen á baixa

Por 4 Agosto, 2021Agosto 5th, 2021Sin comentarios

Este mércores continúa a tendencia á baixa cun descenso importante de casos novos. Así, hoxe hai 2.212 casos activos, o que supón 19 menos que onte. Esta cifra obtense polos 78 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 94 altas.

Na xornada de onte a baixada foi de 26 casos activos, con 103 novos positivos e 124 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 16.681 casos rexistrados e 222 persoas falecidas, unha más con respecto a onte. Trátase dunha muller de 74 anos que faleceu no Hula, o que supón cinco nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria continúa tamén á baixa de novo con 37 persoas ingresadas (6 menos). Seguen 4 pacientes na UCI do Hula e nas plantas hai 33, 21 no Hula (4 menos), 10 na Mariña (2 menos) e 2 en Monforte .

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

Na última reunión do comité clínico celebrada na tarde do martes, modificaron novamente o mapa de restricións na provincia. Así, dende o próximo sábado de madrugada,  o sistema de alerta quedará do seguinte xeito:

  • En alerta máxima continúan Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta continúan Lugo, Chantada, Monforte, Cervo e Ribadeo. Uniranse Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo e Barreiros. Únense Cospeito e Outeiro de Rei e As Pontes, que baixa do nivel alto.
  • O Valadouro volve ao nivel baixo.

POR COMARCAS

Cifras en melloría en todas as comarcas, nas que a situación parece controlada e a baixada da curva percíbese claramente. Destacan pola contra, con brusco aumento de casos, Alfoz e Monterroso.

A Mariña

  • Viveiro ralentiza o crecemento ata 208 casos (11 menos), Burela reduce a 160 (4 menos), Foz baixa a 141 (2 menos), Xove baixa a 22 (1 menos); subida en Alfoz ata os 20 casos (1 máis), e Ourol con menos de dez, todos en valores de alerta alta ou máxima.
  • Con incidencia preto da alerta están Ribadeo, que sobe 1 caso ata 69; Barreiros, sobe a 13 (1 máis); O Valadouro, que segue con 11; Lourenzá baixa a 10 (2 menos) e Mondoñedo, que segue con 16. Únese Cervo con 31 casos e A Pontenova con menos de 10.
  • O Vicedo está xa con baixa incidencia. Únese Riotorto, que deixa de estar limpo.
  • Trabada leva xa unha semana sen casos.

Terra Chá

  • Coa incidencia controlada están Vilalba, que reduce a 52 casos (4 menos) e As Pontes que tamén baixa, 1 casos, ata 59.
  • Outeiro de Rei, que baixa a 27 casos (1 menos); Cospeito, que segue con 20, e Meira, con menos de 10, teñen a incidencia alta.
  • Castro de Rei eleva a incidencia pero fóra da zona de alerta.
  • Guitiriz (con menos de 10 casos), Friol,  Xermade, A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Abadín.
  • Pol e Begonte levan unha semana sen casos. Únese Rábade.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo comezan a descender. Son 680 (10 menos).
  • Monterroso segue subindo, a 54 casos (1 máis), Palas segue con 30, A Fonsagrada suma 1 máis ata 19 e Negueira de Muñiz con menos de dez teñen a incidencia alta.
  •  Guntín segue en 11 casos e incidencia preto de alerta. Con menos de dez casos e incidencia en risco están Castroverde, Baleira, Ribeira de Piquín e Antas de Ulla.
  • O Corgo volve a os 11 e Pedrafita con menos de dez positivos teñen a incidencia baixa.
  • Cervantes, Navia de Suarna, Baralla e As Nogais están sen casos na última semana. Únese Portomarín.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanece Becerreá.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce a 46 positivos (5 menos) coa incidencia fóra da zona de risco.
  • O Páramo está con valores altos pero non chega a 10 contaxiados.
  • Láncara, O Incio, Samos e Paradela están en valores baixos de incidencia.
  • Triacastela está sen casos dende hai 7 días.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 94 casos (1 menos), en zona fóra de valores de alerta.
  • Chantada reduce de novo a 53 casos (5 menos) e tamén baixa a incidencia.
  • Quiroga sobe ata 16 (6 máis) e a incidencia alta. Únese Sober con menos de 10.
  • Carballedo segue con 11 (1 menos), O Saviñao con 11 (2 menos), Bóveda con 10 e Pantón por baixo de 10 están con valores preto de alerta.
  • Taboada con 10 e A Pobra de Brollón teñen xa a incidencia baixa.
  • Ribas de Sil e Folgoso do Courel levan unha semana limpos.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.