Skip to main content
Uncategorized @gl

Novos gromos elevan a incidencia da covid

Por 27 Agosto, 2021Agosto 28th, 2021Sin comentarios

A situación da covid non mellora xa que os gromos continúan aparecendo en distintos puntos e non deixan baixar a cifra de casos activos cos novos contaxios en aumento ao igual que a hospitalización..

Así, hai 1.422 casos activos, 45 máis que onte, cun rexistro de 124 novos positivos e 80 altas. Onte a subida foi de 35 casos, con 101 novos enfermos e 67 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.837 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria empeora de novo. Hai 34 persoas ingresadas en catro hospitais (1 máis). Na UCI do Hula seguen 3 persoas e nas diferentes plantas son 31 os enfermos (1 máis); 26 están no de Lugo (2 máis), 3 na Mariña e 2 en Monforte (1 menos).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito ata o próximo sábado:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Rábade.
  • No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

A partir do sábado Monforte estará en alerta máxima. Ademais pasan tamén ao nivel alto Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober, que se suman a Rábade.

No nivel medio quedarán Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte.

POR COMARCAS

A situación continúa empeorando por distintos gromos. É así na Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Vilalba, Monforte, O Saviñao, Monterroso e Baralla.

A Mariña

  • A Pontenova queda en 12.
  • Alfoz está por debaixo de 10.
  • Barreiros baixa de 10 casos.
  • Burela reduce a 12 (1 menos).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz suma 1 con 18 en total.
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos na última semana.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo baixa 2 ata 27.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada sen casos na última semana.
  • Viveiro, 29 casos, 3 menos.
  • Xove, sen casos na última semana.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 39 casos (3 máis).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte sobe a 20 (1 máis).
  • Castro de Rei suma 1 ata 48.
  • Cospeito volve subir ata 18 (5 máis).
  • Friol suma 10 casos nunha xornada.
  • Guitiriz segue con 10.
  • Meira baixa de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei continúa con 22 casos.
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade baixa 1 ata 14.
  • Vilalba sobe a 37, 6 máis.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, con menos de 10.
  • O Páramo, sen casos novos na última semana.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria reduce 2 ata 32.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla sobe a 37, 2 máis.
  • Baleira, sen casos novos na última semana.
  • Becerreá segue con 11 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos en quince días.
  • Lugo suma un caso máis ata 359.
  • Monterroso suma 6 máis ata 27.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sobe ata 20 con 6 casos máis.
  • Pedrafita leva unha semana sen casos.
  • Portomarín, volve ter algún caso tras quince días limpo.
  • Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, por debaixo de 10.
  • Chantada suma 1 ata 38.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue disparado. Son 223, 16 máis.
  • O Saviñao sobe ata 21 (3 máis).
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga sobe ata 11.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada, por debaixo de 10.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.