Skip to main content
Uncategorized @gl

Cae a hospitalización pero seguen subindo os casos activos

Por 28 Agosto, 2021Sin comentarios

O crecemento da covid redúcese aínda que continúa en cifras de aumento, dato contrarrestado coa mellora nos hospitais, nos que se reduce o número de enfermos.

Así, hai 1.437 casos activos, 15 máis que onte, cun rexistro de 99 novos positivos e 87 altas. Onte a subida foi de 45 casos, con 124 novos enfermos e 80 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.939 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria mellora. Hai 29 persoas ingresadas en tres hospitais (5 menos). Na UCI do Hula seguen 3 persoas e nas diferentes plantas son 26 os enfermos; 20 están no de Lugo (6 menos), 3 na Mariña e 3 en Monforte (1 máis).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito dende hoxe:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
    • No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

A situación continúa empeorando por distintos gromos. É así na Pastoriza, Begonte, Cospeito, Friol, Vilalba, Monforte, O Saviñao, Monterroso e Baralla.

A Mariña

  • A Pontenova queda en 12.
  • Alfoz está por debaixo de 10.
  • Barreiros por debaixo de 10 casos.
  • Burela suma ata 13 (1 máis).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz baixa 2 con 16 en total.
  • Lourenzá, sen casos nunha semana.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos na última semana.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo baixa 1 ata 26.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada sen casos na última semana.
  • Viveiro 27 casos, 2 menos.
  • Xove, sen casos na última semana.

Terra Chá

  • A Pastoriza baixa a 398 casos (1 menos).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte segue con 20.
  • Castro de Rei suma 1 ata 49.
  • Cospeito segue con 18.
  • Friol mantén 10 casos.
  • Guitiriz xa está sen casos na última semana.
  • Meira está por debaixo de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei continúa con 22 casos.
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade baixa 2 ata 12.
  • Vilalba sobe a 41, 4 máis.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, con menos de 10.
  • O Páramo, sen casos novos na última semana.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria reduce 2 ata 30.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla sobe a 43, 6 máis.
  • Baleira, sen casos novos na última semana.
  • Becerreá xa está por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín volve ter algún caso.
  • Lugo suma 10 casos máis ata 369.
  • Monterroso suma 2 máis ata 29.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sobe ata 22 con 2 casos máis.
  • Pedrafita leva unha semana sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, por debaixo de 10.
  • Chantada suma 2 ata 40.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue disparado. Son 230, 7 máis.
  • O Saviñao sobe ata 24 (3 máis).
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga volve estar por debaixo de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada, por debaixo de 10.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.