Skip to main content
Uncategorized @gl

Ralentízase o crecemento da covid

Por 29 Agosto, 2021Agosto 30th, 2021Sin comentarios

O crecemento da covid ralentízase e a hospitalización volve a crecer. Así, hai 1.462 casos activos, 25 máis que onte, cun rexistro de 89 novos positivos e 64 altas. Onte a subida foi de 15 casos, con 99 novos enfermos e 87 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.028 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria empeora. Hai 31 persoas ingresadas en tres hospitais (2 máis). Na UCI do Hula seguen 3 persoas e nas diferentes plantas son 28 os enfermos; 22 están no de Lugo (2 máis), 3 na Mariña e 3 en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito dende hoxe:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
    • No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

A situación continúa estable na maior parte de concellos agás en Monforte, onde o gromo segue incontrolable.

A Mariña

  • A Pontenova queda en 12.
  • Alfoz está por debaixo de 10.
  • Barreiros por debaixo de 10 casos.
  • Burela reduce ata 12 (1 menos).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz sobe ata 19 (3 máis).
  • Lourenzá, sen casos nunha semana.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos na última semana.
  • Ourol, sen casos na última semana.
  • Ribadeo baixa 3 ata 23.
  • Riotorto, sen casos na última semana.
  • Trabada sen casos na última semana.
  • Viveiro 23 casos, 4 menos.
  • Xove, sen casos na última semana.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 40 (1 máis).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte reduce a 16 (4 menos).
  • Castro de Rei suma 3 ata 52.
  • Cospeito suma 1 máis e chega a 19.
  • Friol suma 2 máis e xa son 12.
  • Guitiriz, menos de 10.
  • Meira volve a ter 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei reduce a 21 casos (1 menos).
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade segue con 12.
  • Vilalba sobe a 42, 1 máis.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, con menos de 10.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria reduce 3 ata 27.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla segue con 43.
  • Baleira, sen casos novos na última semana.
  • Becerreá xa está por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín con menos de 10 casos.
  • Lugo reduce en 4 os casos activos, 365.
  • Monterroso suma 2 máis ata 31.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sobe ata 24 con 2 casos máis.
  • Pedrafita leva xa quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, sen casos novos nunha semana.
  • Chantada segue con 40.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue disparado. Son 243, 13 máis.
  • O Saviñao sobe ata 27 (3 máis).
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga suma 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada, por debaixo de 10.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.