Skip to main content
Axenda Caducada

O pazo de feiras acolle unha nova edición do Salón do Automóbil

Por 16 Setembro, 2021Setembro 26th, 2021Sin comentarios

A Fundación Feiras e Exposicións de Lugo organiza o Salón do Automóbil de Lugo 2021, que cumpre este ano o seu XV edición e conta cun espazo expositivo de máis de 10.000 metros cadrados. É un evento plenamente consolidado, que ano a ano, atrae a miles de visitantes interesados na adquisición dun vehículo novo ou de ocasión e será o escaparate das últimas novidades do mercado automobilístico, converténdose en elemento dinamizador e reactivador do mesmo.

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo converterase, do 17 ao 19 de setembro, no mellor lugar para comprar coche novo. E do 24 ao 26 de setembro, os interesados en valorar a compra dun vehículo de ocasión poderán facelo neste mesmo escenario.

Participarán 20 concesionarios de Lugo e provincia e estarán presentes as principais marcas do sector. O obxectivo non é outro que o de favorecer a venda de automóbiles e ofrecer un espazo onde mostrar as propostas máis espectaculares dun sector industrial en constante evolución. Este gran hipermercado do motor permitirá aos visitantes e potenciais clientes dos expositores comparar, probar, financiar e asegurar o automóbil desexado.

SORTEOS

Neste sentido, co obxectivo de animar ao comprador, ademais das ofertas exclusivas e descontos especiais que só se poderán atopar neste Salón, convócanse dous sorteos de 3.000 euros para todo aquel que adquira ou firme un compromiso de compra dun vehículo do salón que custe máis de 6.000 euros.

Durante os tres días de celebración do Salón do Automóbil de Lugo, do 17 ao 19 de setembro, as portas estarán abertas de 11:00 a 21:00 horas, en horario continuo. A entrada custará 3 euros e dará dereito tamén ao acceso á seguinte feira, Salón do Vehículo de Ocasión, que se celebrará no mesmo espazo do 24 ao 26 de setembro do presente ano. Os nenos ata 12 anos terán entrada gratuíta.

O Salón do Automóbil de Lugo converterase nunha cita ineludible para todos os amantes do mundo do motor e cita obrigada para os que se queiran comprar un vehículo ao mellor prezo.