O PP de Sarria insta a urbanización da segunda fase do polígono

SarriaXa
O Partido Popular de Sarria presentará no seguinte Pleno, que se celebrará no día de mañá, varias mocións sobre diferentes cuestións.
concello sarria
concello sarria
29 sep 2021

O Partido Popular de Sarria presentará no seguinte Pleno, que se celebrará no día de mañá, unha moción na que instan a "SEPES a urbanización da segunda fase do Polígono Industrial do Morelle e a comercialización, venta e posta a disposición de empresas e emprendedores das parcelas industriais da mesma".

Esta cuestión chega a raíz de que en outubro do 2020 se anunciara o compromiso co solo de Sarria despois dunha visita á vila do delegado de goberno en Galicia e a subdelegada do goberno na provincia de Lugo. Despois diso, según os populares "anunciaron o inicio da actividade de comercialización e venta de parcelas industriais, poñendo a disposición de empresas e emprendedores unha superficie de ata 238.849 metros cadrados e con elo a licitación da urbanización da segunda fase do mesmo".

Sen embargo dende o PP levan preguntando "varias veces no pleno polas xestións realizadas". Xunto a iso, tamén instan ao goberno municipal "ao mantemento, limpeza e mellora do estado de conservación da primeira fase do polígono de Morelle, tal e como veñen esixindo os propietarios dende fai máis dun ano".

Por outra beira, dende o Partido Popular de Sarria tamén presentarán unha moción na que instan ao goberno local "á redacción, aprobación e execución dun proxecto técnico e as obras correspondentes de rehabilitación da Casa da Carmiña e espazo anexo".

Con iso, según os populares, cúmprese co fin para o que foi comprada: ampliar a Casa do Concello, mellorar a súa estética e urbanística da zona, así coma aforrar alugueres que se están a pagar.

Esta adquisición da Casa Carmiña e o solar anexo por parte do Concello fíxose fai máis fun ano por 117.000 euros; financiada mediante unha modificación de crédito. Sen embargo e, a pesar do tempo que pasou, "nada se sabe de proxecto nin obras de rehabilitación de dito inmoble, por parte do Concello, co que non se está a cumprir o fin de dita compra e se seguen a pagar alugueiros mensuais en inmobles privados".