Comezan as obras do novo parque da praza da Constitución vilalbesa

TerraChaXa
Comezaron as obras de creación dun novo espazo de xogos infantís e biosaudables para humanizar os parterres na praza da Constitución.
praza constitucion vilalba
praza constitucion vilalba
7 sep 2021

Comezaron as obras de creación dun novo espazo de xogos infantís e biosaudables para humanizar os parterres existentes na parte oeste da praza da Constitución.

A actuación ten un orzamento de 48.380 euros e un prazo de execución de dous meses. O concello tiña previsto comezar as obras antes do verán, pero houbo un retraso motivado polos problemas de subministro de materiais que están sufrindo as empresas construtoras. 

Os traballos completarán o parque infantil existente na praza, recentemente reformado polo goberno local. O concello creará un gran espazo de lecer con xogos infantís adaptados a todas as idades e aparatos adaptados ao coidado da saúde e da mobilidade das persoas adultas. 

Para a posta en marcha deste novo espazo de lecer, proponse o acondicionamento da explanada actual, colocando un pavimento amortiguador de seguridade.  Doutra banda, conservaranse as árbores de maior importancia, resembrarase o céspede natural nas zonas de vexetación e plantarase un peche perimetral vexetal.

Instalarase un rocódromo para nenos e nenas, un campo de fútbol de material sintético para xogar 3x3 e aparatos biosaudables para a xente maior, cuxos modelos escollidos permiten mellorar a condición física.