Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos seguen caendo e xa son 37 os concellos limpos de covid na última semana

Por 10 Setembro, 2021Sin comentarios

Segue o descenso da presenza da covid nos concellos da provincia. Así, hai 950 casos activos, 70 menos que onte, cun rexistro de 27 novos positivos e 96 altas. Onte houbo un descenso de 100 casos activos, con 21 novos enfermos e 121 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.603 casos rexistrados e 239 persoas falecidas, 22 nesta quinta vaga. Trátase dun falecido máis que onte, unha muller de 82 anos ingresada no Hula.

A presión hospitalaria baixa un pouco máis. Hai 22 persoas ingresadas en tres hospitais (2 menos). Na UCI do Hula hai un máis e xa son 5 pacientes, e nas diferentes plantas son 17 os enfermos (3 menos); 10 están no de Lugo (4 menos), 1 na Mariña e 6 (1 menos) en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
    • No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

A partir do sábado Monforte deixará de estar en alerta máxima e pasará a alta (sendo o único da provincia) non quedando ningún en Galicia na zona de maior risco. Ademais permanecerán en alerta media Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.

POR COMARCAS

Os concellos con gromos disminúen os casos de forma drástica mentres seguen sumándose os que levan como mínimo unha semana sen casos, que xa son 37.

A Mariña

  • A Pontenova leva unha semana sen casos.
  • Alfoz xa son 15 días sen casos.
  • Barreiros, unha semana sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo leva unha semana sen casos.
  • Foz baixa a 10 (1 menos).
  • Lourenzá está sen casos novos en unha semana.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo baixa 1 ata 13.
  • Riotorto, sen casos xa en quince días.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro queda con 12.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva máis dunha semana sen casos novos.
  • Abadín está por debaixo de 10 casos.
  • As Pontes leva unha semana sen casos.
  • Begonte, unha semana sen casos.
  • Castro de Rei baixa 3 ata 19.
  • Cospeito xa está por debaixo de 10 casos.
  • Friol, sen casos na última semana.
  • Guitiriz, sen casos na última semana.
  • Meira, sen casos na última semana.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei segue por debaixo de 10.
  • Pol, sen casos novos nunha semana.
  • Rábade, unha semana sen contaxios novos.
  • Vilalba baixa 9 a 19 casos.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo de 10.
  • O Incio, sen casos novos en quince días.
  • O Páramo leva xa unha semana sen casos.
  • Paradela está por debaixo de 10 casos.
  • Samos xa leva quince días sen contaxios.
  • Sarria reduce a 22 (3 menos).
  • Triacastela, sen casos novos nunha semana.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, sen casos novos nunha semana.
  • Antas de Ulla sobe a 14 (1 máis).
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa 3 casos ata 24.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, con menos de 10 casos.
  • Lugo cae ata 225, 22 casos menos.
  • Monterroso cae a 24 casos (6 menos).
  • Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo xa leva unha semana sen casos.
  • Palas de Rei reduce a 23 casos (6 menos).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, unha semana sen casos.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón continúa con 11 contaxios.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada reduce 5 casos ata 15.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue baixando. Son 152, 12 menos.
  • O Saviñao reduce a 12 (2 menos).
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga baixa a 11 (1 menos).
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober xa leva unha semana sen casos.
  • Taboada continúa con 14 casos.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.