Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa a tendencia á baixa malia o lixeiro aumento de novos positivos e de ingresados

Por 13 Setembro, 2021Sin comentarios

A covid continúa á baixa en toda a provincia malia o crecemento da hospitalización e do número de novos contaxios con respecto a onte. Así, hai 667 casos activos, 60 menos que onte, cun rexistro de 27 novos positivos e 87 altas. Onte houbo un descenso de 82 casos activos, con 14 novos enfermos e 96 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.694 casos rexistrados e 241 persoas falecidas, 24 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria sobe un pouco máis. Hai 23 persoas ingresadas en tres hospitais (2 máis). Na UCI do Hula seguen os 3 pacientes que había e nas diferentes plantas son 20 os enfermos; 11 están no de Lugo (1 máis), 2 na Mariña e 7 en Monforte (1 máis).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Monforte.
    • No nivel medio: Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Continúa a tendencia á baixa con casos illados nalgúns concellos aunque aumenta os que segue limpos de covid. Sarria ofrece a versión contraria e segue sumando positivos.

A Mariña

  • A Pontenova leva xa quince días sen contaxios.
  • Alfoz, por debaixo de 10.
  • Barreiros suma dúas semanas sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo leva unha semana sen casos.
  • Foz, por debaixo de 10 casos.
  • Lourenzá está sen casos novos en unha semana.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo xa está por debaixo de 10 casos.
  • Riotorto, sen casos xa en quince días.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro reduce ata 11 (3 menos).
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva máis dunha semana sen casos novos.
  • Abadín está por debaixo de 10 casos.
  • As Pontes leva unha semana sen casos.
  • Begonte, unha semana sen casos.
  • Castro de Rei baixa 2 ata 11.
  • Cospeito, por debaixo de 10 casos.
  • Friol xa leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos na última semana.
  • Meira sen casos na última semana.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei segue por debaixo de 10.
  • Pol, sen casos novos en quince días.
  • Rábade volve ter algún contaxio.
  • Vilalba baixa 2 a 10 casos.
  • Xermade, unha semana sen contaxios xa.

Comarca de Sarria

  • Láncara xa leva unha semana sen contaxios.
  • O Incio volve ter algún caso tras quince días limpo.
  • O Páramo leva xa unha semana sen casos.
  • Paradela xa leva unha semana sen casos.
  • Samos xa leva quince días sen contaxios.
  • Sarria volve sumar, xa son 25 (3 máis).
  • Triacastela, xa son quince días sen casos novos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada volve ter algún caso tras unha semana limpo.
  • Antas de Ulla recupera 1 e queda con 11.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa 3 casos ata 14.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, unha semana sen casos.
  • Lugo cae ata 159, 16 casos menos.
  • Monterroso baixa a 13 casos (4 menos).
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo xa leva unha semana sen casos.
  • Palas de Rei reduce a 17 casos (3 menos).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón continúa con 11 contaxios.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada baixa 1 caso ata 11.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte volve baixar contaxios. Son 144, 10 menos.
  • O Saviñao xa está por debaixo de 10.
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga segue con 11.
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober, por debaixo de 10.
  • Taboada mantense con 10 casos.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.