Skip to main content
Uncategorized @gl

Galicia quedará sen restricións agás Monforte de Lemos

Por 15 Setembro, 2021Setembro 16th, 2021Sin comentarios

A caída da covid na provincia de Lugo, ao igual que no resto de Galicia, continúa imparable. Malia que aumentan lixeiramente os novos contaxios respecto a onte (no que foron os máis baixos desta vaga), seguen caendo os casos activos e agora súmase a hospitalización.

Así, hai 572 casos activos, 57 menos que onte, cun rexistro de 22 novos positivos e 77 altas. Onte houbo un descenso de 38 casos activos, con 10 novos enfermos e 46 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.724 casos rexistrados e 243 persoas falecidas, 26 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixa significativamente. Hai 20 persoas ingresadas en tres hospitais (6 menos). Na UCI do Hula seguen os 3 pacientes que había e nas diferentes plantas son 17 os enfermos; 10 están no de Lugo (3 menos), 1 na Mariña (1 menos9) e 6 en Monforte (2 menos).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Monforte.
    • No nivel medio: Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

Dende o próximo sábado só Monforte permanecerá en alerta e con restricións pero no nivel medio.

POR COMARCAS

Taboada e Antas de Ulla son hoxe a nota discordante da baixada de casos de covid. Destaca especialmente a caída de Monforte, que será o único concello de Galicia que seguirá en alerta a partir do sábado.

A Mariña

  • A Pontenova leva xa quince días sen contaxios.
  • Alfoz, por debaixo de 10.
  • Barreiros suma dúas semanas sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo leva unha semana sen casos.
  • Foz, por debaixo de 10 casos.
  • Lourenzá volve ter algún caso.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro xa firma unha semana limpo de covid.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10 casos.
  • Riotorto, sen casos xa en quince días.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro xa está por debaixo de 10.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva máis dunha semana sen casos novos.
  • Abadín tamén está sen casos dende hai unha semana.
  • As Pontes leva unha semana sen casos.
  • Begonte, xa son quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei leva unha semana sen contaxios novos.
  • Cospeito, por debaixo de 10 casos.
  • Friol xa leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos na última semana.
  • Meira sen casos na última semana.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, por debaixo de 10.
  • Pol volve ter algún caso tras quince días limpo.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba certifica unha semana sen casos.
  • Xermade, unha semana sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara xa leva unha semana sen contaxios.
  • O Incio, por debaixo de 10.
  • O Páramo leva xa unha semana sen casos.
  • Paradela xa leva unha semana sen casos.
  • Samos xa leva quince días sen contaxios.
  • Sarria reduce a 24 casos (1 menos).
  • Triacastela, quince días sen casos novos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla sobe 3 e volve aos 13 contaxios.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla xa está por debaixo de 10 casos e unha semana limpo.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, unha semana sen casos.
  • Lugo baixa ata 141, 5 menos.
  • Monterroso baixa a 10 casos (2 menos).
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva unha semana sen casos.
  • Palas de Rei baixa a 16 casos (1 menos).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón xa está por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada xa está por debaixo de 10.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte volve baixar contaxios. Son 125, 16 menos.
  • O Saviñao xa está por debaixo de 10.
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga continúa con 13.
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober, por debaixo de 10.
  • Taboada sobe de novo a 15 casos (3 máis).

AS RESTRICIÓNS

O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.

As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.

Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.

Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.

A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.

Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.