Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid cóbrase dúas novas vítimas e Sanidade amplía horarios na hostalaría

Por 16 Setembro, 2021Sin comentarios

Continúa o descenso de casos activos aínda que o número de novos contaxios no baixa e as deuncións continúa, dúas máis na provincia de Lugo. Aínda así Sanidade ampliou os horarios da hostalaría e o número de persoas nas reunións ante o sometimento da vaga.

Así, hai 525 casos activos, 47 menos que onte, cun rexistro de 26 novos positivos e 69 altas. Onte houbo un descenso de 57 casos activos, con 22 novos enfermos e 77 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.748 casos rexistrados e 245 persoas falecidas, 28 nesta quinta vaga. Trátase dunha muller de 92 anos que faleceu en Carballedo e dun home de 89, da residencia das Gándaras, que faleceu no Hula.

A presión hospitalaria mantense. Hai 20 persoas ingresadas en tres hospitais. Na UCI do Hula seguen os 3 pacientes que había e nas diferentes plantas son 17 os enfermos; 11 están no de Lugo (1 máis), 1 na Mariña e 5 en Monforte (1 menos).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Monforte.
    • No nivel medio: Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

Dende o próximo sábado só Monforte permanecerá en alerta e con restricións pero no nivel medio.

POR COMARCAS

Monforte pon a nota discordante nas cifras de descenso e suma 10 casos máis. Tamén suma en menor medida Quiroga. Polo momento xa son 30 os concellos que teñen presenza de covid.

A Mariña

  • A Pontenova leva xa quince días sen contaxios.
  • Alfoz, por debaixo de 10.
  • Barreiros suma dúas semanas sen casos.
  • Burela leva xa unha semana sen casos.
  • Cervo son xa quince días sen contaxios.
  • Foz, por debaixo de 10 casos.
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, unha semana limpo de covid.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo, xa está por debaixo de 10 casos.
  • Riotorto, sen casos xa en quince días.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro, por debaixo de 10.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
  • Abadín está sen casos dende hai unha semana.
  • As Pontes, quince días xa sen casos novos.
  • Begonte, quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei leva unha semana sen contaxios novos.
  • Cospeito, por debaixo de 10 casos.
  • Friol leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz cumpre sen casos quince días.
  • Meira sen casos tamén en quince días.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, sen contaxios nunha semana.
  • Pol, por debaixo de 10 casos.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba. unha semana sen casos.
  • Xermade, unha semana sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara xa leva unha semana sen contaxios.
  • O Incio, por debaixo de 10.
  • O Páramo leva xa unha semana sen casos.
  • Paradela xa leva unha semana sen casos.
  • Samos xa leva quince días sen contaxios.
  • Sarria reduce a 21 casos (3 menos).
  • Triacastela, quince días sen casos novos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla reduce 1 e volve aos 12 contaxios.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla unha semana limpo.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá, por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, unha semana sen casos.
  • Lugo baixa ata 124, 17 menos.
  • Monterroso, por debaixo de 10.
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva xa quince días sen casos.
  • Palas de Rei segue con 16 casos.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón xa está por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada xa está por debaixo de 10.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte volve sumar contaxios. Son 135, 10 máis.
  • O Saviñao xa está por debaixo de 10.
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga suma un máis ata 14.
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober, por debaixo de 10.
  • Taboada reduce a 11 (4 menos).

AS RESTRICIÓNS

O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.

As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.

Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.

Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.

A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.

Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.

NOVAS AMPLIACIÓNS

Sanidade avanzou que a hostalaría verá ampliada a capacidade de atender en cada unha das súas mesas, de maneira que se poderán xuntar grupos de ata oito persoas en interiores e de 15 en exteriores, fronte ás seis e dez actuais.

Tamén eliminan a limitación de circulación nocurna ás 3 a madrugada.