Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid xa está por debaixo do medio milleiro de casos activos

Por 18 Setembro, 2021Sin comentarios

A covid baixa xa do medio milleiro de casos impulsada polas altas malia que a hospitalización non mellora e os casos novos seguen subindo.

Así, hai 470 casos activos, 40 menos que onte, cun rexistro de 30 novos positivos e 72 altas. Onte houbo un descenso de 15 casos activos, con 22 novos enfermos e 36 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.802 casos rexistrados e 246 persoas falecidas, 29 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria empeora de novpo. Hai 22 persoas ingresadas en tres hospitais (3 máis). Na UCI do Hula continúan os 4 pacientes que había, e nas diferentes plantas son 18 os enfermos; 9 están no de Lugo (1 máis), 1 na Mariña e 8 en Monforte (2 máis).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito dende hoxe:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Ningún.
    • No nivel medio: Monforte.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

O gromo de Foz volve impedir unha semana máis seguir caendo en contaxios. Melloran todos os concellos agás Foz e algún dos arredores con repercusións do novo gromo.

A Mariña

  • A Pontenova leva quince días sen contaxios.
  • Alfoz, por debaixo de 10.
  • Barreiros, por debaixo de 10.
  • Burela leva unha semana sen casos.
  • Cervo volve ter casos tras dúas semanas limpo.
  • Foz sobe ata 33 (17 máis).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, unha semana limpo de covid.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10 casos.
  • Riotorto, sen casos en quince días.
  • Trabada sen casos en quince días.
  • Viveiro, por debaixo de 10.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
  • Abadín está sen casos dende hai unha semana.
  • As Pontes, quince días sen casos novos.
  • Begonte, quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei, por debaixo de 10 casos.
  • Cospeito, por debaixo de 10 casos.
  • Friol leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos en quince días.
  • Meira sen casos tamén en quince días.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, sen contaxios nunha semana.
  • Pol, por debaixo de 10 casos.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba, unha semana sen casos.
  • Xermade, unha semana sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara xa leva unha semana sen contaxios.
  • O Incio, por debaixo de 10.
  • O Páramo leva xa quince días sen casos.
  • Paradela suma quince días sen casos.
  • Samos xa leva quince días sen contaxios.
  • Sarria reduce de novo a 21 (2 menos).
  • Triacastela, quince días sen casos novos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla xa está por debaixo de 10 casos .
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla unha semana limpo.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá xa leva sen contaxios unha semana.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, unha semana sen casos.
  • Lugo baixa ata 90, 16 menos.
  • Monterroso, por debaixo de 10.
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva quince días sen casos.
  • Palas de Rei xa está por debaixo de 10 casos.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón xa está por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo xa leva unha semana limpo.
  • Chantada xa está por debaixo de 10.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte reduce novamente contaxios. Son 116, 13 menos.
  • O Saviñao xa está por debaixo de 10.
  • Pantón volve ter algún contaxio.
  • Quiroga xa está por debaixo de 10.
  • Ribas de Sil xa leva unha semana sen casos.
  • Sober, por debaixo de 10.
  • Taboada queda por debaixo de 10 casos.

AS RESTRICIÓNS

O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.

As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.

Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.

Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.

A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.

Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.

NOVAS AMPLIACIÓNS

Sanidade avanzou que a hostalaría verá ampliada a capacidade de atender en cada unha das súas mesas, de maneira que se poderán xuntar grupos de ata oito persoas en interiores e de 15 en exteriores, fronte ás seis e dez actuais.

Tamén eliminan a limitación de circulación nocurna ás 3 a madrugada.