Remataron as obras da estrada da estación

AMariñaXa
As obras da estrada da estación están rematadas. investimento ascendeu a 353.000 eurosdos que 280.000 chegaron da Deputación
23 oct 2021

Remataron as obras da estrada da estación, que xa foron recepcionadas oficialmente. O investimento ascendeu a 353.000 euros, dos que 280.000 chegaron procedentes da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo e 73.000 euros do Concello de Ribadeo. 

Estas obras rematan logo de moito traballo na redacción dun proxecto moi complexo, na consecución do vial posto que non era municipal,e  da cesión amigable de superficies colindantes por parte de particulares. Así, xa está rematada e oficialmente recepcionada a estrada da estación, desde que se deu de alta o novo alumeado.

Trátase dunha obra que é unha arteria principal de Ribadeo que, aínda estando na vila, da moitísimo servizo ás parroquias do interior, ao saír moita carga pesada por aí.

Con estas obras ampliouse o viario a 10 metros, fíxose unha beirarrúa nunha das súas marxes, instalouse un novo sistema de iluminación led, puxéronse árbores e diverso mobiliario público. 

Para estas tarefas de mellora a Deputación de Lugo, dentro da Área de Medio Rural investiu unha achega de 280.000 euros da Deputación e 73.000 euros do Concello para completar o orzamento total de 353.000 euros.