Asinado o convenio para a construción das novas pistas multideporte ribadenses

AMariñaXa
Asinado o convenio entre o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo para a construción das novas pistas multideporte
ribadeo pista multideporte avenida de galicia pintor fierros
ribadeo pista multideporte avenida de galicia pintor fierros
24 oct 2021

Asinado o convenio entre o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo para a construción das novas pistas multideporte para fútbol, baloncesto, voleibol, skate, calistenia, dirixidas á mocidade. O importe ascende a 422.000 euros, onde a Área de Deportes Provincial achega 340.000 euros en dúas anualidades e o Concello asume os 82.000 restantes.

Para esta obra usarase a mazá interior de titularidade municipal que está entre a Avenida de Galiza, a Rúa Pintor Fierros e a Rúa Daniel Cortezón. E construirase unha grande superficie multideporte e de lecer. Unha pista multideporte para fútbol, baloncesto e voleibol; outra de skate e máis un circuíto de calistenia. E todo isto complementado con dotacións para estar sentados, de parole, rodeados de árbores, con iluminación, etc. 

pista multideporte ribadeo 1