Skip to main content
Axenda Caducada

Xogos e cociña de outono dentro das actividades do Samaín 2021

Por 28 outubro, 2021outubro 31st, 2021Sin comentarios

Na noite do 31 de outubro despídese o verán para dar paso ao inverno. Unha porta que as ánimas dos defuntos aproveitaban para regresar ao mundo dos vivos e visitar ás súas familias. Precisamente, un Desfile de Ánimas porá o broche á programación do Samaín 2021 co obxectivo de dinamizar a data máis sinalada do outono galego.

Todas as actividades ofertadas no programa deste ano serán gratuítas para que a rapazada lucense poida gozar dunha celebración máxica.

Así, a programación para este Samaín 2021 comezará o xoves, 28 de outubro, ás 18.00 horas cun Show Cooking sobre Postres Terroríficos, no que o chef lucense, Álvaro Villasante, responsable do restaurante Paprika, realizará unha demostración culinaria na Casa da Xuventude empregando produtos típicos do outono aos que dará formas ‘aterradoras’ ao tempo que saborosas.

Tamén dende o xoves e até o mesmo domingo, as instalacións municipais de San Fiz acollerán o Scape Room “XCAPATE” que inclúe 25 retos a resolver para liberarse da “maldición da Santa Compaña”. As persoas participantes deberán superar unha serie de xogos para saír, no tempo máximo dunha hora, dunha Casa da Xuventude encantada.

Para o axeitado desenvolvemento desta actividade, indicada para maiores de 18 anos, establecéronse grupos de seis integrantes coa finalidade de cumprir cos protocolos contra a Covid-19, dentro dos que se inclúe a desinfección da sala tras cada pase. Haberá catro sesións comezando hoxe 28 de outubro de 18.00 a 21.00 horas, o 29 de outubro: de 16.00 a 21.00 horas, o 30 de outubro:: de 10.00 a 13.30 y de 17.00 a 21.00 horas, e o 31 de outubro: de 10.00 a 13.30 y de 17.00 a 21.00 horas.

E finalmente, para o sábado día 30, a área de Xuventude organizará un Samaín na Rúa. Quiroga Ballesteros será, dende as 17.30 e até as 21.30 horas, o escenario elexido para un concurso de tallado, baleirado e decorado de cabazas, xogos típicos de Samaín como carreiras de cabazas ou bonecos, tres en raia, tiro da corda, etc.

Unha intensa xornada que concluirá cun Desfile de Ánimas, no que colaboran as asociacións de recreación histórica Clan de Breogán, Trebas Galaicas, Mercenarios Galaicos e Lugdunum, percorrendo parte do Casco Histórico e da Muralla para, a continuación, rematar co conxuro purificador do Druída.

Todas as inscricións poden facerse a través do seguinte enderezo de correo electrónico: http://formulario.xuventudelugo.gal/