A Ronda da Muralla volverá abrir ao tráfico a próxima semana

LugoXa
O Tenente Alcalde anunciou que a rúa Cidade de Viveiro leva aberta desde primeira hora da mañá e quedará aberta definitivamente.
ronda da muralla rua vilalba lugo
ronda da muralla rua vilalba lugo
27 oct 2021

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou do estado actual das obras de humanización da Ronda da Muralla, no treito entre as rúas Santiago e Vilalba. Arroxo anunciou que “a vindeira semana este tramo da ronda volverá abrir ao tráfico, ao rematar os traballos de pavimentación da zona en obras”. O Tenente Alcalde lembrou que a rúa Cidade de Viveiro leva aberta xa desde a primeira hora da mañá e xa quedará aberta de xeito definitivo.

Durante a mañá de onte, producíronse unha serie de cortes de tráfico na rúa Cidade de Viveiro “unha serie de cortes necesarios para poder aplicar a nova capa de rodadura do tramo afectado polas obras”. Nos vindeiros días realizarase o levantamento das arquetas e o pintado da nova sinalización horizontal, e unha vez rematados estes traballos, abrirase o novo tramo renovado ao tráfico.

PROBRAS DE MANOBRAS

Na mañá de hoxe, persoal técnico municipal e da empresa concesionaria do transporte público desprazáronse á rúa Cidade de Viveiro para realizar novas probas de manobrabilidade do bus urbano. Desde a área de Mobilidade búscase garantir a mellora accesibilidade tanto para as persoas como para os vehículos nos novos itinerarios do centro da cidade resultantes da obra de humanización da Ronda da Muralla, na zona sur

Desde a área de Mobilidade trabállase para garantir a maniobrabilidade de todo tipo de vehículos que circulan por estas zonas. O edil de  Infraestruturas estivo presente esta mañá nas probas realizadas cun vehículo de 15 metros de longo adicado ao transporte de pasaxeiros, xa que o paso deste tipo de vehículos por estas rúas acontecerá poucas veces ao ano.

Coas probas realizadas hoxe, a área de Mobilidade avanza na recuperación da normalidade no tráfico rodado no centro da cidade, unha vez rematen as obras de humanización do treito da rúa Santiago á Rúa Vilalba.