Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Xa comezaron os adestramentos da Escoliña do CB Sarria

Por 18 Outubro, 2021Outubro 20th, 2021Sin comentarios

A Escoliña do CB Sarria xa chegou aos colexios da comarca. Desta maneira, xa están a adestrar os nenos e nenas de diferentes concellos e, no caso das escolas de Sarria -a Merced, a Asunción e o Frei Luis de Granada- xa levan dende o luns 4 de outubro con sesións.

A Escoliña, que parou a súa actividade o pasado 31 de maio para gozar das vacacións, volveu ao traballo neste mes de outubro. Así pois, con estes adestramentos, os nenos e nenas participantes realizan actividades e diferentes deportes, ademais do principal: o baloncesto.

Por outra beira e, a pesar da melloría que se está a ver en canto á situación sanitaria, estanse a levar a cabo todas as medidas correspondentes para garantir unha actividade segura, así coma amena e divertida.