Abre un taller de memoria na parroquia vilalbesa de Árbol

TerraChaXa
A parroquia de Árbol vén de abrir o prazo de inscrición para un taller de memoria e estimulación cognitiva que comeza o 3 de novembro.
taller memoria arbol portada
taller memoria arbol portada
31 oct 2021

A Asociación cultural e deportiva de Árbol vén de organizar unha edición do taller de memoria que dará comezo o 3 de novembro. Os interesados poderán anotarse con Bea (617 626 003) e Paula (655 582 171).

As clases terán lugar todos os mércores de 11.00 a 12.30 horas na escola do Santo impartido pola pedagoga Coral López.

Esta é unha actividade gratuíta e está dirixida ás persoas maiores de 50 anos.

Traballarase a linguaxe, a memoria, a atención e o cálculo.

taller memoria arbol