Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid queda reducida a 16 concellos da provincia

Por 10 Outubro, 2021Outubro 11th, 2021Sin comentarios

O virus rebaixa a súa presenza na provincia pero agora de xeito máis lento. Así hoxe hai 81 casos activos, 4 menos que onte, cun rexistro de 4 novos positivos e 9 altas. Onte a baixada foi de 7 enfermos con 3 novos contaxios e 10 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.958 casos rexistrados e 252 persoas falecidas, 35 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria redúcese lixeiramente a 7 persoas ingresadas en tres hospitais (1 menos). A UCI do Hula continúa con 3 pacientes, e nas diferentes plantas son 4 os enfermos; 1 no de Lugo, 1 na Mariña e 2 en Monforte (1 menos).

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Un total de 16 concellos son os únicos que teñen presenza de covid na provincia. Todos eles por debaixo de dez casos agás Foz, que está con 16 pero continúa á baixa. Hai 7 na Mariña, 3 na Terra Chá, 2 no centro da provincia, 3 en Sarria e 1 en Ribeira Sacra.

A Mariña

  • A Pontenova leva quince días sen contaxios.
  • Alfoz cumpre xa dúas semanas sen casos.
  • Barreiros, por debaixo de 10.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz segue con 15 contaxios.
  • Lourenzá volve sumar unha semana sen casos.
  • Mondoñedo, quince días sen casos.
  • O Valadouro leva dúas semanas sen casos.
  • O Vicedo, por debaixo de 10.
  • Ourol, sen casos durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10.
  • Riotorto, sen casos en quince días.
  • Trabada, unha semana sen casos.
  • Viveiro, por debaixo de 10.
  • Xove, unha semana sen casos xa.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
  • Abadín está sen casos dende hai dúas semanas.
  • As Pontes, quince días sen casos novos.
  • Begonte, quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei, por debaixo de 10.
  • Cospeito volve ter algún caso.
  • Friol leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos en quince días.
  • Meira, por debaixo de 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, sen contaxios tamén en quince días.
  • Pol leva tamén quince días sen casos.
  • Rábade, quince días sen contaxios.
  • Vilalba, xa son quince días sen casos.
  • Xermade, leva quince días sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara, quince días sen contaxios.
  • O Incio, por debaixo de 10.
  • O Páramo, quince días sen casos.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos leva quince días sen contaxios.
  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Triacastela, unha semana limpo.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada suma xa quince días sen casos.
  • Antas de Ulla suma xa quince días sen contaxios.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla xa son quince días sen casos.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá cumpre dúas semanas sen contaxios.
  • Castroverde, por debaixo de 10.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, quince días sen contaxios.
  • Lugo está por debaixo dos 10 casos.
  • Monterroso, xa son quince días sen contaxios.
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva quince días sen casos.
  • Palas de Rei xa leva dúas semanas sen contaxios.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, quince días limpo xa.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, quince días sen casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo xa son quince días limpo.
  • Chantada cumpre unha semana sen casos.
  • Folgoso do Courel, quince días sen contaxios.
  • Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
  • O Saviñao suma quince días limpo.
  • Pantón suma xa quince días limpo.
  • Quiroga xa leva unha semana sen casos.
  • Ribas de Sil xa son quince días sen casos.
  • Sober, dúas semanas sen casos tamén.
  • Taboada, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

  • Hostalaría: Os de 1 cunchiña levan 75% aforo no interior e 90% no exterior. Nos de 2 cunchiñas,  90% no interior e 100% no exterior. Permitidas reunións de 10 persoas en interior e 20 en exterior. Peche ás 1.00 horas.
  • Ocio nocturno: 50% en interior e 75% en exterior. Peche ás 3.00 horas para os de 1 cunchiña. Os de dúas serían 75% en interior e 100% en terrazas con peche ás 4.00 horas.
  • Comercio, cultura, ocio infantil e deportes aforo ao 90%. No hay limitacións de número de persoas.
  • Espectáculos musicais: de pé 66% de ocupación e 90% sentados.
  • Hospedaxe: 75% de ocupación das zonas comúns e ábrese o sistema de buffet libre e os aperitivos.
  • Transporte: 75% de ocupación máxima para as prazas de pé.