Skip to main content
Uncategorized @gl

Só dez concellos da provincia teñen algún caso de covid

Por 12 Outubro, 2021Outubro 13th, 2021Sin comentarios

Unha xornada máis os novos casos de covid redúcense a un e a incidencia continúa caendo, non así a hospitalización. Hoxe hai 69 casos activos, 4 menos que onte, cun rexistro de 1 novo positivo e 4 altas. Onte a baixada foi de 8 enfermos con 1 novo contaxio e 9 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.959 casos rexistrados e 252 persoas falecidas, 35 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria sobe con 8 persoas ingresadas en tres hospitais (1 máis). A UCI do Hula continúa con 3 pacientes, e nas diferentes plantas son 5 os enfermos: 2 no de Lugo (1 máis), 1 na Mariña e 2 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Xa son 10 os concellos que quedan con casos de covid, catro menos que onte. Hai catro na Mariña aínda (Burela, Foz, O Vicedo e Ribadeo), 2 na Terra Chá (Castro de Rei e Cospeito), 2 na zona centro (Lugo e Castroverde) e 2 no sur da provincia (Sarria e Monforte). Todos eles teñen menos de dez casos agás Foz, que está no límite de 10.

A Mariña

  • A Pontenova leva quince días sen contaxios.
  • Alfoz cumpre xa dúas semanas sen casos.
  • Barreiros chega a unha semana sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo xa leva unha semana sen casos.
  • Foz segue con 10 casos.
  • Lourenzá, unha semana sen casos.
  • Mondoñedo, quince días sen casos.
  • O Valadouro leva dúas semanas sen casos.
  • O Vicedo, por debaixo de 10.
  • Ourol, sen casos durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10.
  • Riotorto, sen casos en quince días.
  • Trabada, unha semana sen casos.
  • Viveiro volve levar unha semana sen enfermos novos.
  • Xove, unha semana sen casos xa.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
  • Abadín está sen casos dende hai dúas semanas.
  • As Pontes, quince días sen casos novos.
  • Begonte, quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei, por debaixo de 10.
  • Cospeito, por debaixo de 10.
  • Friol leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos en quince días.
  • Meira xa contabiliza de novo unha semana limpo.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, sen contaxios tamén en quince días.
  • Pol leva tamén quince días sen casos.
  • Rábade, quince días sen contaxios.
  • Vilalba, xa son quince días sen casos.
  • Xermade, leva quince días sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara, quince días sen contaxios.
  • O Incio cumpre unha semana sen casos.
  • O Páramo, quince días sen casos.
  • Paradela, unha semana sen casos xa.
  • Samos leva quince días sen contaxios.
  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Triacastela, unha semana limpo.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada suma xa quince días sen casos.
  • Antas de Ulla suma xa quince días sen contaxios.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla xa son quince días sen casos.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá cumpre dúas semanas sen contaxios.
  • Castroverde, por debaixo de 10.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, quince días sen contaxios.
  • Lugo está por debaixo dos 10 casos.
  • Monterroso, xa son quince días sen contaxios.
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva quince días sen casos.
  • Palas de Rei xa leva dúas semanas sen contaxios.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, quince días limpo xa.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, quince días sen casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo xa son quince días limpo.
  • Chantada cumpre dúas semanas sen casos.
  • Folgoso do Courel, quince días sen contaxios.
  • Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
  • O Saviñao suma quince días limpo.
  • Pantón suma xa quince días limpo.
  • Quiroga xa leva unha semana sen casos.
  • Ribas de Sil xa son quince días sen casos.
  • Sober, dúas semanas sen casos tamén.
  • Taboada, sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

  • Hostalaría: Os de 1 cunchiña levan 75% aforo no interior e 90% no exterior. Nos de 2 cunchiñas,  90% no interior e 100% no exterior. Permitidas reunións de 10 persoas en interior e 20 en exterior. Peche ás 1.00 horas.
  • Ocio nocturno: 50% en interior e 75% en exterior. Peche ás 3.00 horas para os de 1 cunchiña. Os de dúas serían 75% en interior e 100% en terrazas con peche ás 4.00 horas.
  • Comercio, cultura, ocio infantil e deportes aforo ao 90%. No hay limitacións de número de persoas.
  • Espectáculos musicais: de pé 66% de ocupación e 90% sentados.
  • Hospedaxe: 75% de ocupación das zonas comúns e ábrese o sistema de buffet libre e os aperitivos.
  • Transporte: 75% de ocupación máxima para as prazas de pé.