Skip to main content
Uncategorized @gl

Nova xornada sen casos de covid novos na provincia

Por 13 Outubro, 2021Sin comentarios

Por segunda xornada trala quinta vaga a provincia pecha 24 horas sen positivos por covid e a incidencia continúa caendo esta vez acompañada da hospitalización. Hoxe hai 66 casos activos, 3 menos que onte, cun rexistro de 0 positivos e 3 altas. Onte a baixada foi de 4 enfermos con 1 novo contaxio e 4 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.959 casos rexistrados e 252 persoas falecidas, 35 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria cae ata as 6 persoas ingresadas en tres hospitais (1 máis). A UCI do Hula continúa con 3 pacientes, e nas diferentes plantas son 3 os enfermos, un en cada hospital.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Xa son 9 os concellos que quedan con casos de covid, un menos que onte. Hai catro na Mariña aínda (Burela, Foz, O Vicedo e Ribadeo), 2 na Terra Chá (Castro de Rei e Cospeito), Lugo e 2 no sur da provincia (Sarria e Monforte). Todos eles teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Foz xa está por debaixo de 1o contaxios.
  • O Vicedo, por debaixo de 10.
  • Ribadeo, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Barreiros, Cervo, Lourenzá, Trabada, Viveiro e Xove.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, Alfoz,  O Valadouro, Ourol, Riotorto, Mondoñedo.

Terra Chá

  • Castro de Rei, por debaixo de 10.
  • Cospeito, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Meira.
  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, Abadín, As Pontes, Begonte, Friol, Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Vilalba e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Triacastela, Paradela e O Incio.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo e Samos.

Centro da provincia

  • Lugo está por debaixo dos 10 casos.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Castroverde.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Quiroga.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

AS RESTRICIÓNS

  • Hostalaría: Os de 1 cunchiña levan 75% aforo no interior e 90% no exterior. Nos de 2 cunchiñas,  90% no interior e 100% no exterior. Permitidas reunións de 10 persoas en interior e 20 en exterior. Peche ás 1.00 horas.
  • Ocio nocturno: 50% en interior e 75% en exterior. Peche ás 3.00 horas para os de 1 cunchiña. Os de dúas serían 75% en interior e 100% en terrazas con peche ás 4.00 horas.
  • Comercio, cultura, ocio infantil e deportes aforo ao 90%. No hay limitacións de número de persoas.
  • Espectáculos musicais: de pé 66% de ocupación e 90% sentados.
  • Hospedaxe: 75% de ocupación das zonas comúns e ábrese o sistema de buffet libre e os aperitivos.
  • Transporte: 75% de ocupación máxima para as prazas de pé.