Skip to main content
Uncategorized @gl

Volven os positivos pero baixan os casos activos e a hospitalización tras un novo falecemento

Por 15 Outubro, 2021Sin comentarios

A continua melloría indica que en breve continuará o proceso de rebaixa de restricións e se levantará a alerta sanitaria. Volven os casos de covid e unha defuncións, pero segue baixando a incidencia. Hoxe hai 51 casos activos, 9 menos que onte, cun rexistro de 3 positivos e 8 altas. Onte a baixada foi de 6 enfermos con 0 novos contaxios e 5 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.958 casos rexistrados e 253 persoas falecidas, 36 nesta quinta vaga, unha máis que fai 24 horas tralo falecemento dun home de 69 anos ingresado no Hula.

A presión hospitalaria cambia con esta última noticia e baixa ata 3 persoas ingresadas en tres hospitais (1 menos). A UCI do Hula hai agora 2 pacientes, e nas diferentes plantas só queda un ingresado no hospital da Mariña.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Un concello máis no cómputo xeral volve ter casos de covid. Son 7 en total. Hai tres na Mariña (Burela e Foz e súmase Alfoz) ademais de Lugo, Sarria e Monforte e engádese Chantada. Cae da listaxe de onte Cospeito, que suma unha semana limpo.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Foz, por debaixo de 1o contaxios.
  • Alfoz volve ter casos por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Barreiros, Cervo, Lourenzá, Trabada, Viveiro, Xove, O Vicedo e Ribadeo.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, O Valadouro, Ourol, Riotorto e Mondoñedo.

Terra Chá

  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Meira e Castro de Rei. Únese Cospeito.
  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, Abadín, As Pontes, Begonte, Friol, Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Vilalba e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela e O Incio.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo está por debaixo dos 10 casos.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Castroverde.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
  • Chantada volve ter algún caso.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil, Sober e Taboada. Únese Quiroga.

AS RESTRICIÓNS

  • Hostalaría: Os de 1 cunchiña levan 75% aforo no interior e 90% no exterior. Nos de 2 cunchiñas,  90% no interior e 100% no exterior. Permitidas reunións de 10 persoas en interior e 20 en exterior. Peche ás 1.00 horas.
  • Ocio nocturno: 50% en interior e 75% en exterior. Peche ás 3.00 horas para os de 1 cunchiña. Os de dúas serían 75% en interior e 100% en terrazas con peche ás 4.00 horas.
  • Comercio, cultura, ocio infantil e deportes aforo ao 90%. No hay limitacións de número de persoas.
  • Espectáculos musicais: de pé 66% de ocupación e 90% sentados.
  • Hospedaxe: 75% de ocupación das zonas comúns e ábrese o sistema de buffet libre e os aperitivos.
  • Transporte: 75% de ocupación máxima para as prazas de pé.