Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa a caída de casos de covid

Por 21 Outubro, 2021Outubro 22nd, 2021Sin comentarios

A covid segue en caída con menos casos e novos contaxios. Hoxe hai 37 casos activos, 3 menos que onte, cun rexistro de 1 positivo e 3 altas. Onte a baixada foi de 5 enfermos con 2 novos contaxios e 6 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.976 casos rexistrados e 253 persoas falecidas, 36 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue con 4 persoas ingresadas en 2 hospitais. A UCI do Hula segue con 3 pacientes e nas diferentes plantas hai unha persoa no da Mariña.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos aínda con algún caso seguen sendo 10: tres na Mariña (Burela, Alfoz e Xove) ademais de Lugo, Guntín, Monforte, Chantada, A Fonsagrada, O Corgo e O Saviñao.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Alfoz, por debaixo de 10.
  • Xove, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Foz.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, O Valadouro, Ourol, Riotorto, Mondoñedo, Trabada , Lourenzá, Barreiros, Viveiro e Cervo. Únense O Vicedo e Ribadeo.

Terra Chá

  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Cospeito.
  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, Abadín, As Pontes, Begonte, Friol, Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Vilalba, Xermade e Meira. Únese Castro de Rei.

Comarca de Sarria

  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Sarria.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Samos, Triacastela, O Incio e Paradela.

Centro da provincia

  • Lugo volve estar por debaixo de 10 casos.
  • Guntín, por debaixo de 10.
  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • O Corgo, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla Baleira, Becerreá, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín. Únese Castroverde.

Ribeira Sacra

  • Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
  • Chantada, por debaixo de 10 contaxios.
  • O Saviñao volve ter algún caso.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Quiroga.

AS RESTRICIÓNS

  • Mantense o uso obrigado da máscara e respectar as distancias de seguridade.
  • Hostalaría: Os de 1 cunchiña levan 75% aforo no interior e 90% no exterior. Nos de 2 cunchiñas,  90% no interior e 100% no exterior. Permitidas reunións de 10 persoas en interior e 20 en exterior. Peche ás 1.00 horas.
  • Ocio nocturno: 50% en interior e 75% en exterior. Peche ás 3.00 horas para os de 1 cunchiña. Os de dúas serían 75% en interior e 100% en terrazas con peche ás 4.00 horas.
  • Comercio, cultura, ocio infantil e deportes aforo ao 90%. No hay limitacións de número de persoas.
  • Espectáculos musicais: de pé 66% de ocupación e 90% sentados.
  • Hospedaxe: 75% de ocupación das zonas comúns e ábrese o sistema de buffet libre e os aperitivos.
  • Transporte: 75% de ocupación máxima para as prazas de pé.