Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa o goteo de casos pero a curva segue á baixa

Por 24 Outubro, 2021Outubro 26th, 2021Sin comentarios

A tendencia segue á baixa malia que os casos novos seguen aparecendo, de forma anecdótica por debaixo de cinco ao día. Hoxe hai 27 casos activos, 1 menos que onte, cun rexistro de 3 novos positivos e 4 altas. Onte a baixada foi de 2 enfermos con 2 novos contaxios e 5 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.985 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue en 3 persoas, ingresadas todas na UCI do hospital de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos aínda con algún caso sobe a 9 (un máis). Na Mariña só Viveiro ten casos de novo mentres continúan de forma residual en Vilalba, Abadín, Lugo, A Fonsagrada, O Corgo, Becerreá, Monforte e O Saviñao.

A Mariña

  • Viveiro volve ter algún caso.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Alfoz, Xove e Burela.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, O Valadouro, Ourol, Riotorto, Mondoñedo, Trabada, Lourenzá, Barreiros, Cervo, O Vicedo e Ribadeo. Únese Foz.

Terra Chá

  • Abadín, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba, tamén por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, As Pontes, Begonte, Friol, Guitiriz, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Xermade, Meira, Castro de Rei e Cospeito.

Comarca de Sarria

  • Sarria volve ter algún caso tras cumprir xusto quince días limpa.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Samos, Triacastela, O Incio e Paradela.

Centro da provincia

  • Lugo segue por debaixo de 10 casos.
  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • O Corgo, por debaixo de 10.
  • Becerreá, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla Baleira, Becerreá, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín, Ribeira de Piquín, Castroverde e Guntín.

Ribeira Sacra

  • Monforte, por debaixo de 10 casos novos.
  • O Saviñao, tamén con menos e 10 enfermos.
  • Entre 1 semana e quince días sen casos: Chantada.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Quiroga.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.