Skip to main content
Uncategorized @gl

Repuntan os novos contaxios e con eles os casos activos

Por 25 Outubro, 2021Outubro 26th, 2021Sin comentarios

Aínda sen chegar a cifras alarmantes, a provincia de Lugo súmase ao resto do territorio autonómico e cambia de tendencia para aumentar de novo os casos activos e novos de covid. Hoxe hai 33 casos activos, 6 máis que onte, cun rexistro de 7 novos positivos e 1 alta. Onte a baixada foi de 1 enfermo con 3 novos contaxios e 4 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.992 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria segue en 3 persoas, ingresadas todas na UCI do hospital de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos con algún caso son xa 12 (3 máis que onte). Na Mariña, a Viveiro súmase Burela, mentres no interior quedan en Vilalba, Abadín, Lugo, O Corgo e Becerreá e súmanse Castroverde e Baralla, pero queda limpo A Fonsagrada. No sur, Sarria, Monforte e O Saviñao seguen con algún caso.

A Mariña

  • Burela volve ter algún caso.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Viveiro.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Alfoz, Xove.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Abadín e Vilalba.
  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, As Pontes, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria segue por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Castroverde e Baralla volven ter algún caso.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Lugo, O Corgo e Becerreá.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Fonsagrada.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e O Saviñao.
  • Entre 1 semana e quince días sen casos: Chantada.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.