Skip to main content
Uncategorized @gl

Xornada de crecemento na hospitalización, casos activos e contaxios

Por 27 Outubro, 2021Outubro 28th, 2021Sin comentarios

A volta da covid parece clara cun aumento de casos activos complementado con nova hospitalización e novos contaxios.  Así, hoxe hai 41 casos activos, 6 máis que onte, cun rexistro de 9 novos positivos e 2 altas. Onte a subida foi de 2 enfermos con 5 novos contaxios e sen altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.002 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria volve subir. Son 4 as persoas ingresadas en hospitais (1 máis). Dúas están na UCI do Hula (1 menos) e 2 en planta, tamén no de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos con algún caso soben a 13. Na Mariña queda só Burela con casos, mentres na Terra Chá xa son Vilalba, Abadín, Castro de Rei e Guitiriz, aos que se suma A Pastoriza. No centro seguen Lugo, Becerreá, Castroverde e Baralla. No sur, Monforte e O Saviñao e O Incio.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Alfoz, Xove.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Viveiro.

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Abadín, Vilalba, Guitiriz e Castro de Rei. Únese A Pastoriza.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Xermade.

Comarca de Sarria

  • O Incio, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela.

Centro da provincia

  • Por debaixo de 10 contaxios: Lugo, Becerreá, Castroverde e Baralla.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Fonsagrada e O Corgo.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e O Saviñao.
  • Entre 1 semana e quince días sen casos: Chantada.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.