Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid estáncase case sen altas nin casos novos

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

Xornada de transito na provincia case sen cambios na presenza da covid. Así, hoxe hai 38 casos activos, os mesmos que onte, cun rexistro de 2 novos positivos e 1 alta. Onte a baixada foi de 2 enfermos con 2 novos contaxios e 4 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.009 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria mantense. Son 3 as persoas ingresadas en hospitais: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados seguen sendo 13. Na Mariña queda só Burela con casos, mentres na Terra Chá están Abadín, Castro de Rei, Guitiriz, A Pastoriza e Outeiro de Rei. No centro seguen Lugo, Castroverde, Baralla e Baleira. No sur, Monforte e O Saviñao. No cómputo xeral engádense a Ribeira de Piquín pero queda limpo O Incio.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Viveiro. Únese Xove

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Abadín, Guitiriz, Castro de Rei, A Pastoriza e Outeiro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Vilalba.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • O Incio, unha semana sen casos xa.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen en 14.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castroverde, Baralla e Baleira. Únese Ribeira de Piquín.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Fonsagrada, O Corgo e Becerreá.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e O Saviñao.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada. Únese Chantada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.