Skip to main content
Uncategorized @gl

Pequeno repunte de casos xa con 15 concellos con casos activos de covid

Por 31 Outubro, 2021Novembro 1st, 2021Sin comentarios

A covid resístese a baixar e experimenta un novo repunte, de novo moi pequeno pero coa vista posta no que está a pasar no resto de Galicia. Así, hoxe hai 39 casos activos, un máis que onte, cun rexistro de 4 novos positivos e 3 altas. Onte estivo estancado con 2 novos contaxios e 1 alta.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.0013 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria mantense. Son 3 as persoas ingresadas en hospitais: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados seguen son agora 15, 2 máis que onte. Na Mariña a Burela, únese Ribadeo e na Terra Chá seguen só Abadín, Castro de Rei, Guitiriz, A Pastoriza e Outeiro de Rei. No centro tamén estabilidade con Lugo, Castroverde, Baralla, Ribeira de Piquín e Baleira afectados. No sur, a Monforte e O Saviñao únese Sarria.

A Mariña

  • Burela, por debaixo de 10.
  • Ribadeo volve ter algún caso.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Abadín, Guitiriz, Castro de Rei, A Pastoriza e Outeiro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Vilalba.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria volve ter algún caso.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela. Únese O Incio.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 13 (1 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castroverde, Baralla, Baleira e Ribeira de Piquín.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: A Fonsagrada, O Corgo e Becerreá.
  • Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e O Saviñao.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.