Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

O Club de Atletismo Ría de Foz organiza o I Cross Os Castros

Por 18 Novembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

O Club de Atletismo Ría de Foz, en colaboración coa Run Foz Run, organiza o I Cross Os Castros, que se celebrará o vindeiro día 12 de decembro a partir das 11.00 horas nas inmediacións do Centro Cívico de Cangas de Foz.

Ás 11.00 horas comezará o Cross Escolar, que se enmarca dentro do programa Xogade, para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Esta proba reunirá a todos os Clubs e Colexios da comarca da Mariña, que afrontarán, así, a súa primeira preparatoria.

A partir das 12.45 horas é a quenda dos atletas absolutos, que percorrerán unha distancia de 6K. Ao rematar estes, correrán os máis pequeniños na categoría pícaros. Tanto os absolutos como os caativos deben inscribirse na seguinte ligazón.

Para rematar a xornada celebrarase un xantar de confraternidade que será ás 14.00 horas e no que tamén se pode facer a inscrición a través da ligazón anterior.