Skip to main content
Axenda Caducada

A banda de música do Landro prepara un concerto na honra de Santa Icía

Por 14 Novembro, 2021Novembro 20th, 2021Sin comentarios

A banda de música do Landro de Viveiro prepara un concerto na honra de Santa Icía para o sábado 20 de novembro. Este evento será no teatro Pastor díaz ás 20.30 horas e estará dirixido por Carlos Timiraos.

As orixes da banda de música de Viveiro remóntanse ao ano 1848 e o seu primeiro concerto foi no 1917. A última etapa da banda comezou en agosto do 2015 cando colleu as rendas Carlos Timiraos. Nos últimos tempos a el precedéronlle como directores Delio Represas (2005-2015), Linas Baltusis (uns meses do 2005), Francisco Javier Vidal (1994-2005), Carlos Méndez (1992-1994), Alfonso Mariño (1962-1992), Antonio Amigo (1960-1961) ou Alfonso Mariño Parapar (1957-1960).